O conflito en Sirya está a privar miles de nenos da súa educación

Unha avaliación realizada por UNICEF mostra que as infraestruturas educativas foron severamente danadas e as taxas de asistencia caeron de xeito importante.

Case dous anos despois do inicio da crise en Sirya, a intensidade da violencia está a ameazar a educación de centos de miles de nenos, segundo unha avaliación realizada por UNICEF.

Unha quinta parte das escolas do país sufriron danos ou están a ser utilizadas como refuxio de persoas desprazadas. Nas cidades onde o conflito foi máis intenso, algúns nenos xa perderon case dous anos de escolaridade. "O sistema educativo en Sirya estase a cambalear polo impacto da violencia", dixo Youssouf Abdel-Jelil, representante de UNICEF en Sirya. "Sirya compraceuse da calidade das súas escolas. Agora está a ver como o logrado durante anos retrocede rapidamente". A avaliación realizada por UNICEF en decembro de 2012 ao sistema educativo menciona que moitos pais son remisos agora a enviar os seus fillos á escola, debido a que temen pola súa seguridade. Outros achados realizados pola avaliación:
 
. Polo menos 2.400 escolas foron danadas ou destruídas, incluíndo 772 en Idlib (o 50 por cento do total), 300 enAleppo e outras 300 en Deraa. . Máis de 1.500 escolas están a ser usadas como refuxios para persoas desprazadas; . Máis de 110 profesores e outro persoal foron asasinados e moitos outros non se están a presentar no traballo. En Idlib, por exemplo, a asistencia de profesores non é máis do 55 por cento. . En Aleppo, a asistencia de nenos caeu ata o 6 por cento. . Algunhas escolas foron utilizadas polas forzas armadas e grupos implicados no conflito.
 
A avaliación destaca que as escolas en Idlib, Aleppo e Deraa -onde o conflito foi particularmente duro- están entre as máis afectadas. Como resultado, os escolares non logran chegar a clase, e ás veces van só dúas veces á semana. En áreas que acollen un alto número de familias desprazadas, as clases están masificadas, ás veces albergando máis de 100 estudantes. "Estar na escola fai que os nenos se sintan seguros e protexidos e dá aos pais esperanzas sobre o futuro dos seus fillos", dixo Abdel-Jelil. "Por iso tantos pais cos que falamos sinalan a educación como a súa máxima prioridade". Co fin de abordar as necesidades educativas dos nenos en Sirya,UNICEF está a apoiar a máis de 170 centros escolares en Homs,Deraa, Damasco Rural, Tartous, Lattakia,Hama e Quneitra. Os centros permiten a uns 40.000 nenos recibir clases de recuperación que tanto necesitan e formar parte de actividades recreativas. UNICEFestá ademais a proporcionar materiais de ensino e aprendizaxe e está a rehabilitar as escolas danadas. Non obstante, necesítase 1 millón de dólares para manter os centros abertos ata finais de maio. A falta de fondos está a impedir a provisión de aulas prefabricadas, reparacións e rehabilitación de espazos de aprendizaxe e de materiais de ensino e aprendizaxe, que se necesitan urxentemente. En total, UNICEF necesita 20 millóns de dólares para os seus programas de educativos en Sirya durante os primeiros seis meses do ano, dos que só se recibiron máis de 3 millóns.
 
Nota: as prioridades en educación de UNICEF en Sirya inclúen proporcionar a 1 millón de nenos material escolar; aumentar o acceso á educación para 150.000 nenos, especialmente entre os desprazados internos; proporcionar apoio emocional a 300.000 nenos e proporcionar aulas prefabricadas para aumentar a asistencia e apoiar a reanudación das actividades educativas. Máis información sobre o traballo de UNICEF na Crise de Sirya:
http://www.unicef.es/infancia/emergencias-ayuda-humanitaria/crisis-en-siria


Para descargar fotos e videos en alta calidade:
https://unicefweb.unicef.es/com/siria
Usuario: Refcom
Contrasinal: uce442087

Más información:

Dailo Allí

Xefe de Prensa de UNICEF España

609 160 051

[email protected]