O actor Liam Neeson, Embaixador de Boa Vontade de UNICEF

Hoxe fíxose público que o actor e activista humanitario Liam Neeson será Embaixador de Boa Vontade de UNICEF, reflectindo o seu prolongado compromiso por axudar a salvar e mellorar as vidas de nenos de todo o mundo, afectados pola pobreza, as enfermidades, os abusos ou o abandono.

Nova York/Londres/Dublín. O actor nominado a un Oscar -moi coñecido polo seu papel protagonista enLa Lista de Schindler, Vinganza ou a recentemente estreada Descoñecido- deu dende 2007 un apoio sólido á organización internacional dedicada á infancia, en parte a través do seu papel como Embaixador de UNICEFIrlanda. "Liam Neeson non é só un apaixonado actor dramático, senón un profundo actor humanitario" dixoAnthony Lake, Director Executivo deUNICEF. "UNICEF é moi afortunada de que el decida usar o seu tempo e talento para apoiar á infancia máis vulnerable do mundo, e agradecémoslle que acepte este novo papel como Embaixador de Boa Vontade de UNICEF. " Sobre o seu nomeamento, Nessonasegurou sentirse "profundamente honrado de que UNICEF me invitase a ser Embaixador de Boa Vontade e comprométome a traballar con UNICEFpara axudar á infancia a superar a pobreza, a violencia, as enfermidades e a discriminación en todo o mundo. "  

Neeson foi a imaxe de Cambio para Ben, unha iniciativa de colaboración entre UNICEF Irlanda eAer Lingus realizado dende 1997 a 2007. En 2005, Neeson viaxou a Mozambique onde visitou un centro de saúde para coñecer o programa deUNICEF de Prevención da Transmisión doVIH nai-fillo; un hospital, onde coñeceu os tratamentos subministrados a nenos que viven conVIH/SIDA; e un centro que facilita acubillo aos nenos que sufriron abusos, han sidos abandonados ou son orfos.  

Recentemente,Neeson apoiou a campaña deUNICEF Cree en Cero en Irlanda e Estados Unidos. Esta campaña subliña a situación na que viven os 8 millóns de nenos que non chegan ao seu quinto aniversario cada ano e solicita con urxencia os fondos necesarios para os programas de supervivencia infantil de UNICEF. "Durante máis de 15 anos, Liam Neesonestivo a traballar con UNICEF Irlanda e estamos moi contentos de traballar con el no seu novo papel como Embaixador de Boa Vontade" dixo Melanie Verwoerd, Directora Executiva de UNICEF Irlanda. "Se que chegará a ser un poderoso reclamo global para axudar a chamar a atención, e mellorar as vidas dos nenos máis necesitados do mundo. " En resposta a por que é tan importante para el apoiar aUNICEF, Neeson sinalou que "unha das razóns polas que estou orgulloso de estar vinculado a UNICEF é porque UNICEF está a traballar para reducir a cifra de nenos que falecen cada día por causas prevenibles. É impactante para min que nestes días e anos, 22.000 nenos continúen falecendo cada día por falta das cousas máis básicas como auga potable para beber, un lugar seguro para vivir ou ter acceso a medicinas cando están enfermos,".

Como Embaixador de Boa Vontade de UNICEF, Neeson continuará sensibilizando acerca dos problemas que afectan ás vidas dos nenos e o seu dereito a ter acceso a servizos sanitarios básicos, educación primaria, protección e un ámbito seguro. O actor sinala que o seu papel en Vinganza, unha película que trata a problemática dos secuestros e a explotación, serve para refrescar a memoria sobre a urxencia de tratar o problema do tráfico de persoas e a explotación, así como para apoiar os dereitos dos nenos a nivel global.Liam Neeson naceu o 7 de xuño de 1952 en Irlanda do Norte. Destacou en papeis como o de Michael Collins, na película do mesmo nome;Jean Valjean en Los Miserables, Qui-Gon Jinn en La Guerra de las Galaxias Episodio I: A Ameaza Fantasma, Alfred Kinsey en Kinsey; e foi a voz de Aslan en Las Crónicas de Narnia. Tamén traballou noutras películas, como:Excalibur, La Lista Negra, Darkman,Rob Roy, Nell, Gangs de Nova York, Love Actually, El Reino de los Cielos, Batman Begins, Chloe, Furia de Titáns e El EquipoA.Neeson tamén actuou en teatro, debutando en Broadway en 1993 conAnna Christie, onde coprotagonizaba a obra xunto á súa muller, Natasha Richardson. Por este papel na obra, foi nomeado a un premioTony. Tamén foi nomeado a unOscar como Mellor Actor polo seu papel en La Lista de Schindler, así como aos Globos de Ouro e os premios BAFTA. En 1999, Liam Neeson foi nomeado Oficial da Orde do Imperio Británico pola Raíña Isabel II. En 2008, o Fondo Americano Irlandés honroulle co seu Premio á Interpretación Artística, e en 2010 recibiu o Premio Variety á mellor traxectoria nos Premios Británicos de Cine Independente.

Neeson vive en Nova York cos seus dous fillos.  

Acerca de UNICEF

UNICEF traballa no terreo en máis de 150 países e territorios para tratar de garantir aos nenos e as nenas o dereito a sobrevivir e a desenvolverse dende a primeira infancia ata a adolescencia. UNICEF, que é o maior provedor de vacinas para os países en desenvolvemento, traballa para mellorar a saúde e a nutrición da infancia; o abastecemento de auga e saneamento de calidade; a educación básica de calidade para todos os nenos e nenas e a protección dos nenos e as nenas contra a violencia, a explotación e o VIH/SIDA.UNICEF está financiado na súa totalidade polas contribucións voluntarias de individuos, empresas, fundacións e gobernos.  

Más información:

Para máis información:

Dailo Allí

Xefe de Prensa de UNICEF España
Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55
E-mail: [email protected]

www.unicef.es
www.facebook.com/unicef.es
twitter.com/unicef_es