Millóns de nenos en Sirya e na rexión serán vacinados contra a polio, o sarampelo, as papeiras e a rubéola

Estase a levar a cabo unha importante campaña de inmunización en Sirya

Mentres se confirman algúns posibles casos de polio ao leste de Sirya, UNICEF xunto á Organización Mundial da Saúde e outros aliados están a levar a cabo unha importante campaña de vacinación destinada a protexer da polio e outras enfermidades prevenibles a tantos nenos como sexa posible tanto dentro do país como en toda a rexión.

Onte xoves comezou en Sirya unha campaña liderada polo Ministerio de Saúde que ten como obxectivo vacinar 2,4 millóns de nenos contra a polio, o sarampelo, as papeiras e a rubéola. En Sirya, ao redor de 500.000 nenos non foron vacinados contra a poliomielite nos últimos dous anos debido á inseguridade e ás restricións de acceso. Antes do conflito, a cobertura de inmunización en Sirya era de aproximadamente un 95 por cento. O conflito en Sirya provocou unha gran cantidade de desprazamentos, obrigando millóns de nenos a moverse a diferentes zonas dentro do país ou cara a países veciños. Como resultado, os sistemas rutineiros de vacinación interrompéronse ou cortaron a pesar de ser moi importantes para evitar enfermidades evitables, polo que os nenos teñen agora un maior risco de contraer enfermidades como a poliomielite e o sarampelo.UNICEF está a distribuír unha gran cantidade de subministracións para asegurar que as vacinas chegan a toda a rexión, e apoiar así os aliados en todos os sectores para que poidan concienciar as comunidades sobre a importancia de vacinar os nenos. Ata final de ano levaranse a cabo múltiples campañas de vacinación contra a poliomielite e outras enfermidades prevenibles dentro de Sirya e en toda a rexión.

Más información:

Dailo Allí

Xefe de Prensa de UNICEF España, Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55

E-mail: [email protected]