Millóns de nenos dependen da axuda humanitaria para sobrevivir

O 19 de agosto conmemórase o Día Mundial da Asistencia Humanitaria

Millóns de nenos sofren as consecuencias de catástrofes naturais, crise ou conflitos armados: falta de acceso a auga potable, problemas de desnutrición ou interrupción da súa educación, entre outras.

En 2015 millóns de nenos enfróntanse en decenas de países a situacións de emerxencia. En Sirya máis de catro anos de guerra están a deixar profundas cicatrices nos 5,6 millóns de nenos que están dentro do país, os 2 millóns que se viron forzados a abandonalo e os 3,6 millóns das comunidades que os acolleron. En Nepal 1,1 millóns de nenos necesitan asistencia humanitaria urxente como consecuencia do terremoto. A violencia en Sudán do Sur e na República Centroafricana está a afectar a un total de máis de 4 millóns de nenos, que necesitan servizos básicos e, sobre todo, protección contra a violencia que están a sufrir. En Iemen 10 millóns de nenos necesitan axuda humanitaria urxente.

Hoxe conmemórase o Día Mundial da Asistencia Humanitaria, unha data que recoñece o labor dos traballadores humanitarios en todo o mundo. O secretario xeral da ONUBan Ki-moon,recordou na súa mensaxe que " máis de 100 millóns de mulleres, homes e nenos necesitan asistencia humanitaria para sobrevivir".

En 2014, un ano desvastador para a infancia, o traballo humanitario de UNICEF respondeu ás necesidades dos nenos afectados por 294 situacións de emerxencia en 98 países. Logros como o tratamento contra a desnutrición aguda grave para 2,3 millóns de nenos menores de cinco anos, a vacinación contra o sarampelo de 22 millóns de nenos ou o acceso a auga potable para 18 millóns de persoas non terían sido posibles sen o labor e dedicación dos traballadores humanitarios, que se esforzan cada día por mellorar as vidas dos máis vulnerables.

Para colaborar co traballo de UNICEF en emerxencias podes doar en: http://bit.ly/EmergenciasUNICEF

Adxuntas encontraredes dúas infografías sobre a Acción Humanitaria de UNICEF en 2014

Para acceder a vídeos e fotos sobre emerxencias:

ftp://video.unicef.es

Usuario: Refcom

Contrasinal: uce442087

Más información:

Belén de Vicente, UNICEF España, 609 160 051 / 91 378 95 55, [email protected]