Miles de nenos en risco ao fuxir as súas familias da cidade iraquí de Mosul

Ao redor de 500.000 persoas, a metade deles nenos, víronse obrigados a fuxir dos seus fogares dende que estalou a violencia o 5 de xuño na cidade iraquí de Mosul, segundo as autoridades, e a violencia estase a estender.

"A situación que enfrontan os nenos é sumamente alarmante. As súas vidas foron esnaquizadas case da noite á mañá pola escalada de violencia ", dixo Marzio Babille, Representante de UNICEF en Iraq. Miles de nenos refuxiáronse en escolas, hospitais e mesquitas fóra de Mosul, moitos deles sen auga, saneamento axeitado, ou refuxio fronte á calor abrasadora. Dentro de Mosul, a segunda cidade máis grande de Iraq, UNICEF recibiu informes de que ningún dos cinco hospitais están a funcionar. As tendas e os mercados están pechados. "A situación é grave e está empeorando", dixo Babille. "Temos que chegar aos nenos con auga potable, vivenda, comida e protección. Non poden esperar".UNICEF está a traballar con aliados para cubrir o rápido aumento das necesidades das familias e os nenos desprazados e dos que se quedaron atrás. As prioridades inmediatas inclúen auga potable, instalacións de saneamento axeitadas, e a vacinación de emerxencia tan crucial para previr a propagación de enfermidades, entre elas a poliomielite, que volveu aparecer en Iraq este ano, e o sarampelo. Do chamamento de emerxencia de UNICEFpara Iraq, mesmo antes de que a violencia estalase a semana pasada, só recibiuse un 16 por cento. O rápido afondamento da crise aumentará en boa medida a necesidade de asistencia humanitaria e de fondos. "Está é unha emerxencia sobre outra emerxencia existente en Iraq, que ten lugar tras outros desprazamentos internos dos nenos e as súas familias en Anbar, así como os refuxiados sirios no norte," dixo Babille.

Más información:

Dailo Allí

Xefe de Prensa de UNICEF España

Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55

E-mail: [email protected]