Máis mulleres e nenos buscan seguridade en Europa

O 60% dos migrantes e refuxiados que cruzan a fronteira entre Grecia e a antiga República Iugoslava de Macedonia son mulleres e nenos

Por primeira vez desde o comezo da crise de refuxiados e migrantes en Europa hai máis mulleres e nenos en tránsito que homes adultos, segundo UNICEF. 

Os nenos e as mulleres constitúen case o 60% dos migrantes e refuxiados que cruzan a fronteira entre Grecia e Gevgelija, na antiga República Iugoslava de Macedonia. Os nenos supoñen o 36% de quen arrisca as súas vidas cruzando o perigoso mar entre Grecia e Turquía. Esta cifra podería ser maior, xa que moitos nenos non declaran a súa idade ata chegar ao seu destino. 
 
"As consecuencias deste aumento na proporción de mulleres e nenos migrantes e refuxiados son enormes: significa que son máis os que se poñen en risco no mar, especialmente agora que é inverno, e os que necesitan protección en terra", dixo Marie Pierre Poirier, coordinadora especial de UNICEF para a crise de refuxiados e migrantes en Europa. "Os sistemas de benestar, protección e saúde deben ser reforzados en cada paso do camiño para que as mulleres e os nenos non sexan vítimas de explotación ou de baleiros legais".
 
Desde xuño de 2015, cando os homes constituían o 73% do fluxo de migrantes, houbo un repunte de mulleres e nenos: nesa data unha de cada dez persoas refuxiadas ou migrantes era un neno, mentres que agora supoñen máis dun terzo do total.
 
Aínda que se descoñece o número exacto de nenos migrantes e refuxiados non acompañados e separados das súas familias, 35.400 solicitaron asilo en Suecia, na súa maioría novas afgáns; en Alemaña hai máis de 60.000 adolescentes non acompañados, principalmente de Siria, Afganistán e Iraq.

UNICEF subliñou que todos os nenos deben ser a prioridade en cada paso do camiño ?deben ser plenamente informados dos seus dereitos para reclamar asilo e á reunificación familiar en Europa. O interese superior de cada neno non acompañado debe ser examinado antes de tomar ningunha medida. UNICEF apoia o dereito de todos os nenos á reunificación familiar, especialmente porque os menores que viven ou viaxan sen apoio dos seus familiares están en risco de sufrir abuso e explotación por parte de mafias e traficantes.

Para acceder a fotos e vídeos:

ftp://video.unicef.es/crisis_mediterraneo/

Usuario: Refcom

Contrasinal: uce442087

Más información:

Sarah Crowe, [email protected], +41 795438029

John Budd, [email protected], +1 917 9099542

Christophe Boulierac, [email protected], +41 799 639 244

Belén de Vicente, UNICEF España, 609 160 051 / 91 378 95 55, [email protected]