Máis de 370.000 persoas apoiaron a campaña 'Agora non podemos parar' para a loita contra a mortalidade infantil

As achegas destas persoas, medios de comunicación, empresas e entidades de distintos sectores suman un millón de euros

Catro meses despois do lanzamento de Agora non podemos parar, máis de 370.000 persoas apoiaron esta campaña institucional de UNICEF España, que conseguiu un millón de euros para o traballo da organización na loita contra a mortalidade infantil. Xunto con cada persoa que decidiu contribuír á iniciativa -con achegas económicas ou con difusión nas súas redes sociais- máis dun centenar de medios de comunicación, 56 empresas e entidades de distintos sectores, como o deporte, colaboraron coa campaña www.unicef.es/ahoranopodemosparar/

 

"Non podemos estar máis que profundamente agradecidos por este apoio da sociedade española, que unha vez máis demostra o seu compromiso coa infancia máis vulnerable do mundo" dixo o presidente de UNICEF España, Carmelo Angulo. "A pesar dos avances, cada día morren máis de 17.000 nenos menos de cinco anos por causas que podemos evitar, e cremos que nin unha soa destas mortes é admisible. Moitas grazas ás persoas, os medios de comunicación, as empresas e entidades que tamén o cren así e a todos os que apoiaron a nosa campaña", engadiu.
 
UNICEF España puxo en marcha Agora non podemos parar a principios de outubro de 2014 para trasladar á opinión pública as diferentes situacións evitables que acaban coa vida de millóns de nenos, os avances realizados, os grandes retos pendentes, e as canles a través dos cales se pode apoiar o traballo de UNICEF que contribúe a salvar miles de vidas.
 
A oportunidade de acabar coa mortalidade infantil está máis preto que nunca. Desde 1990 o número de nenos menores de cinco anos que morren cada día por causas que podemos evitar reduciuse á metade. Isto significa que 100 millóns de nenos sobreviviron a enfermidades como a pneumonía, a polio ou a diarrea.
 
Con todo, aínda 17.000 nenos menores de cinco anos morren cada día por causas que podemos evitar con medidas tan sinxelas como unha vacina, unha nutrición adecuada ou acceso a auga potable. 17.000 nenos que nunca chegarán a celebrar os seus quintos aniversarios, nunca terminarán a escola e nunca conseguirán os seus soños.
 
Miles de cidadáns a título individual, 190 iniciativas a través da nosa plataformaAxúdasme?, 95 personaxes públicos entre embaixadores, amigos e outros colaboradores de UNICEF España, máis dun centenar de medios de comunicación nacionais, autonómicos e locais, 56 empresas, varias entidades deportivas e numerosas institucións de distintos sectores envorcáronse co dereito dos nenos á supervivencia e o desenvolvemento. 
 
Grazas a este comprometido apoio,Agora non podemos parar sumou un millón de euros que se destinarán aos programas de supervivencia infantil que UNICEF desenvolve nos países sen recursos ou capacidades suficientes para atallar as mortes evitables de nenos menores de cinco anos. UNICEF Comité Español convidaba a participar a través de www.unicef.es/ahoranopodemosparar/ ou enviando un SMS coa palabra UNICEF ao 28028 ou ao 38028. Co importe dun SMS UNICEF pode vacinar a un neno contra enfermidades mortais e seguir contribuíndo a reducir a mortalidade infantil.

Algunhas noticias sobre Agora non podemos parar e mortalidade infantil

-       Agora NON podemos parar de salvar vidas: axúdasnos a acabar coa mortalidade infantil? http://www.unicef.es/actualidad-documentacion/noticias/ahora-no-podemos-parar-de-salvar-vidas-nos-ayudas-acabar-con-la

-       Agora NON podemos parar: ben nutridos, os nenos sobreviven a un fatal destino http://www.unicef.es/actualidad-documentacion/noticias/ahora-no-podemos-parar-bien-nutridos-los-ninos-sobreviven-un-fatal

-       Agora NON podemos parar sae á rúa http://www.unicef.es/actualidad-documentacion/noticias/ahora-no-podemos-parar-de-salvar-vidas-la-historia-de-un-amanecer

-       Agora NON podemos parar: unha vacina pode ser a diferenza entre a vida e a morte http://www.unicef.es/actualidad-documentacion/noticias/ahora-no-podemos-parar-una-vacuna-puede-ser-la-diferencia-entre-la

-       Agora NON podemos parar: 5 innovacións que cambian a vida de miles de nenos http://www.unicef.es/actualidad-documentacion/noticias/ahora-no-podemos-parar-5-innovaciones-que-cambian-la-vida-de-miles

-  Día Mundial contra a Pneumonía: 940.000 nenos morren cada ano, por iso agora NON podemos parar http://www.unicef.es/actualidad-documentacion/noticias/ahora-no-podemos-parar-las-muertes-por-neumonia-caen

-       Agora NON podemos parar: Andalucía consegue máis de 265.000 euros contra a mortalidade infantil http://www.unicef.es/actualidad-documentacion/noticias/unicef-recauda-en-andalucia-265352-euros-tras-las-galas-solidarias

-       Máis información: https://www.unicef.es/ahoranopodemosparar/

Más información:

Belén de Vicente, UNICEF España, 609 160 051 / 91 378 95 55; [email protected]