Máis de 1 millón de nenos con necesidade de axuda urxente tras tres anos de conflito en República Centroafricana

Preto de tres anos despois do conflito que estalou en República Centroafricana, estímase que 1,2 millóns de nenos teñen necesidade de axuda humanitaria urxente.

Mentres o país prepárase para recibir ao Papa Francisco o domingo, nunha visita de dous días co obxectivo de promover a reconciliación, UNICEF fai un chamamento a todas as partes no conflito para conceder acceso ilimitado ás organizacións que axudan aos afectados pola crise.
 
"A violencia que arrasou a este país tivo un impacto devastador na vida dos nenos", dixo Mohamed Fall, Representante de UNICEF en República Centroafricana. "As necesidades humanitarias son abafadoras, e para alcanzalas necesitamos acceso e maior apoio internacional".
 
UNICEF estima que máis de dous millóns de nenos están afectados pola violencia que estalou en decembro de 2012 e que alcanzou niveis de crises en decembro de 2013, seguindo enfrontamentos que conduciron ao desprazamento de centos de miles de persoas na capital Bangui.
 
Preto de 400.000 persoas permanecen desprazadas no país, e os enfrontamentos de setembro xeraron 39.000 desprazados internos máis en Bangui.  Ademais medio millón de persoas están a vivir como refuxiados en países veciños.
 
A inseguridade e a falta de fondos seguen poñendo en risco as actividades urxentes para salvar vidas, mentres os ataques aos transportes humanitarios ameazan o despregamento das subministracións ao interior do país.
 
Mesmo nas zonas non afectadas polo conflito, as comunidades continúan necesitando axuda. Ao redor dun terzo da poboación non ten acceso a auga potable e o 41% dos nenos menores de cinco anos sofren desnutrición crónica.
 
A pesar do nivel da emerxencia, UNICEF recibiu 37 millóns de dólares - un pouco máis do 50% - dos 70,9 millóns de dólares que se necesitan para realizar intervencións urxentes para salvar as vidas dos máis vulnerables en 2015.
 
Unha canción para a paz, composta e cantada por nenos, está a escoitarse nas radios antes da visita do Papa. A letra da canción, que fai un chamamento á unidade nacional e a finalizar o conflito, foi presentada por tres nenos como resposta a unha competición organizada por UNICEF coa principal radio do país, Radio Ndeke Luka. Outros tres nenos foron seleccionados para representar a canción.
 
"Temos esperanza de que as voces destes nenos sexan ouvidas, e que a visita do Papa a República Centroafricana promova a reconciliación, nun país que ten necesidade urxente de paz", dixo Mohamed Fall.

Más información:

Donaig Le Du, UNICEF República Centroafricana +236 700 09706 [email protected]

Tim Irwin, UNICEF África occidental e central Africa +221 77 529 1294 [email protected]

Belén de Vicente, UNICEF España, Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55, [email protected]