Laura Gallego doa a UNICEF os dereitos de autor do seu novo libro 'Mago por casualidade'

Mago por casualidade, a nova obra da escritora valenciana Laura Gallego editada por Bruño, incorpora un compoñente solidario á súa xa dilatada traxectoria no mundo da fantasía: a autora decidiu doar os seus dereitos de autor aos programas do Fondo de Nacións Unidas para a Infancia, UNICEF, en máis de 190 países.  

Os fondos que se consigan grazas a esta iniciativa contribuirán a mellorar as condicións de vida de millóns de nenos, cubrindo as súas necesidades máis críticas alí onde se produzan; e ao avance dos dereitos da infancia, que son unha garantía para o desenvolvemento de cada neno, as súas familias e as súas comunidades. A novela, que se presenta hoxe xoves 15 de marzo, é un relato fantástico cun toque de humor. Sairá á venda o próximo día 28 da man da Editorial Bruño e xa causou grande expectación entre os centos de miles de seguidores da escritora. Coa súa decisión de doar os seus dereitos de autor a UNICEF, Laura Gallegopon de manifesto o seu compromiso coa infancia máis vulnerable e co traballo de UNICEF, que consegue cambios nas vidas de millóns de nenos a través dos seus programas de desenvolvemento e da súa acción en emerxencias.Laura Gallego obtivo con 21 anos o premio Barco de Vapor con Finis Mundi. Pouco despois volveu conseguir este mesmo premio con A lenda do Rei Errante. Posteriormente obtivo unha grande acollida do público coa súa triloxía Crónicas da Torre, a raíz da cal xurdiu un crecente interese pola súa obra, especialmente aclamada nos medios dixitais e blogs especializados en literatura xuvenil. En 2004 a autora comezou a publicar a súa segunda triloxía fantástica, titulada Memorias de Idhún, coa que obtendo o seu maior éxito ata o momento, xa que se venderon 750.000 exemplares.

Más información:

 Raquel Fernández, UNICEF España

+ 34 609 160 051 / 91 378 95 55

[email protected]

www.unicef.es

Síguenos en Tuenti  Facebook  Twitter

tv.unicef.es