Katy Perry, nova Embaixadora de Boa Vontade de UNICEF

Nun acto especial celebrado hoxe na sede de UNICEF, a estrela mundial de música pop Katy Perry foi nomeada nova Embaixadora de Boa Vontade de UNICEF, coa misión principal de animar os mozos a participar no labor que realiza o organismo para mellorar as vidas dos nenos e adolescentes máis vulnerables do mundo.

Katy Perry é xa unha defensora da infancia, e esperamos escoitala 'ruxir' a favor deUNICEF", dixo o Director Executivo deUNICEF, Anthony Lake. Comprácenos enormemente que se unha a nós como nova Embaixadora de Boa Vontade de UNICEF e nos preste a súa extraordinaria voz para amplificar as voces dos nenos e os mozos de todo o mundo".

Como Embaixadora de Boa Vontade de UNICEF, Katy traballará para facer que os mozos falen en voz alta sobre as cuestións que cren que son máis importantes para as súas vidas e mobilizalos de forma máis directa para que ofrezan solucións a estes desafíos. Centrará o seu labor de promoción especialmente nos nenos e os adolescentes máis vulnerables, incluídos aqueles que viven en condicións graves de pobreza, afectados pola violencia, o abuso e o abandono, e aqueles que viven en situacións de emerxencia e de conflito.

"Creo que os mozos teñen o poder de cambiar as súas propias vidas, coa nosa axuda," dixoKaty. "É unha honra para min unirme aUNICEF como Embaixadora de Boa Vontade, e comprométome a facer todo o que poida para axudar a estes nenos e adolescentes que proceden de ámbitos moi diferentes, pero que queren o mesmo: un futuro máis brillante".

Este ano, Katy visitou Madagascar, un dos países máis pobres do mundo, como parte dunha misión de UNICEF, e chamou a atención sobre a situación dos nenos.
 

En outubro, Katy uniuse aUNICEF na celebración do Día Internacional da Nena, prestando a súa exitosa canción "Roar" para a banda sonora dun novo anuncio destinado a inspirar as nenas e axudalas a converterse en campioas no futuro.


Recentemente,Katy pediu ao gran número de seguidores que ten nas súas redes sociais que apoien os esforzos de asistencia de UNICEF a favor dos nenos en situacións de emerxencia, incluídos os afectados polo tifónHaiyan, que sacudiu Filipinas a comezos de novembro.
A estrela internacional estivo acompañada por Lake e por Hannah Godefa, Embaixadora Nacional de UNICEF en Etiopía, que actuou de moderadora nunha sesión de preguntas e respostas coa que se deu a benvida oficial deKaty a UNICEF.


Como Embaixadora de Boa Vontade de UNICEF, a cantante de 29 anos se une a unha lista impresionante que inclúe tamén aAmitabh Bachchan, David Beckham, Harry Belafonte, Orlando Bloom, Jackie Chan,Mia Farrow, Danny Glover, Angelique Kidjo, Liam Neeson,Leo Messi, Sir Roger Moore, Vanessa Redgrave eSusan Sarandon.


Audrey Hepburn, gañadora dun premio Oscar, popularizou en todo o mundo a figura do Embaixador de Boa Vontade de UNICEF, seguindo os pasos do actor e comediante Danny Kaye, que foi o pioneiro do concepto de Embaixador de Boa Vontade, un cargo que exerceu dende 1954 ata a súa morte en 1987.

Más información:

Dailo Allí, UNICEF España, Tel: 609 16br0 051 / 91 378 95 55 [email protected]

Marissa Buckanoff, UNICEF Nova York, Tel + 1 212.326.7513, [email protected]

Rita Ann Wallace, UNICEF Nova York, Tel: +1 212-326-7586, móvil: +1 917-213-4034, [email protected]