Iraq: a violencia nega a millóns de nenos o acceso á educación
O inicio graduado do curso académico en Iraq conclúe esta semana con preto de dous millóns de nenos fóra da escola e outros 1,2 millóns en risco de abandonar as aulas 1.
"O impacto sobre a educación que
están a ter en Iraq o conflito, a violencia e os desprazamentos, é
nada menos que devastador", dixo Peter Hawkins, representante de
UNICEF en Iraq. "Un gran número de nenos -os das comunidades de
acollida, os desprazados dos seus fogares e os refuxiados de Siria-
continuarán experimentando interrupcións significativas na súa
educación, pondo a Iraq en risco de perder a toda unha xeración
polo conflito".
A violencia continua ha impactado
negativamente no acceso dos nenos á educación, posto que case un
millón deles seguen desprazados, o 70% dos cales xa perdeu un ano
enteiro de clase.
Máis de 3.500 escolas no país
-case una de cada cinco- non pode utilizarse porque está destruída,
danada, convertida en refuxio para familias desprazadas ou sendo
utilizada para actividades militares polas partes en conflito. Só o
ano pasado houbo 67 ataques contra escolas e centros
educativos.
Das escolas que continúan en uso,
miles están sobresaturadas, con aulas de até 60 alumnos e con dous
ou tres quendas ao día, o que reduce significativamente a cantidade
de tempo que os nenos teñen para aprender. Mentres, os mestres
contan tamén a súa propia historia de perda e supervivencia. Preto
de 14.000 profesores víronse obrigados a fuxir da violencia.
"É extraordinario ver a nenos e
mestres de todo o país facendo longas viaxes, a miúdo arriscando as
súas vidas, co fin de chegar á escola e lograr as súas metas", dixo
Hawkins.
No último ano, e como parte da
resposta global á crise en Iraq, UNICEF e os seus aliados
proporcionaron acceso á educación a preto de medio millón de nenos
a través das seguintes accións:
·
Construción de 40 novas escolas e 141 aulas prefabricadas
instaladas en todo o país.
·
Establecemento de 1.585 centros temporais de aprendizaxe,
permitindo a máis de 220.000 nenos continuar coa súa
educación.
·
Distribución de materiais escolares (artigos de papelería,
cadernos, mochilas e outros artigos) a máis de 200.000 nenos.
·
Repartición de materiais de prevención do cólera (libros, carteis e
folletos) a 5.000 escolas. UNICEF está a coordinar cos aliados do
Goberno a distribución destes materiais a escolas en todo o país
durante as primeiras semanas do curso escolar.
UNICEF ten o compromiso de
aumentar o acceso á educación dos nenos en Iraq. Para poder
continuar respondendo as necesidades da infancia en educación, a
organización necesita 68 millóns de dólares (61,8 millóns de euros)
até finais deste ano, dos que uns 12 millóns de dólares (10,9
millóns de euros) son urxentes.
Para contribuír ao traballo de
UNICEF en Iraq:
https://www.unicef.es/cooperacion-internacional/donar-ong/hacer-donacion/irak
Por teléfono: 902 31 41 31 (luns a venres de 9 a 22 h, sábados de 11 a 17 h.)