Inundacións en Malawi

As graves inundacións causadas polas chuvias en Malawi deixaron corenta e oito persoas mortas e preto de 70 mil desprazados, segundo UNICEF.

Os importantes danos aos cultivos, o gando e as vivendas, ocasionaron miles de desprazamentos. No sur do distrito de Nsanje, moitos dos camiños quedaron intransitables deixando as comunidades illadas e os seus habitantes, especialmente aos nenos, máis vulnerables a afogarse. O presidente declarou o estado de desastre, afirmando que se trata das peores inundacións dende 1964.

O Goberno fixo un chamamento á comunidade internacional para obter apoio, concretamente na provisión de tendas de campaña, alimentos e outros artigos como lonas, utensilios de cociña e mantas, así como apoio na realización das operacións de busca e rescate.

UNICEF, co Goberno e outras axencias da ONU, está a avaliar a situación para determinar as necesidades de resposta. As deficientes infraestruturas e os camiños intransitables dificultaron a avaliación, polo que se está a solicitar información esencial.

Resposta de UNICEF

Elementos como tendas de campaña, cubos, cloro para a purificación da auga e lousas de latrinas, están a ser distribuídos polos equipos nos distritos. UNICEF tamén enviou 1.500 kits de supervivencia e 1.560 mantas ás zonas afectadas, dende o seu almacén central.

UNICEF ten pr
evisto ampliar a resposta nos próximos días.

Más información:

Belén de Vicente

UNICEF España, Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55

E-mail: [email protected]