A iniciativa mundial emprendida hai 26 anos para erradicar a polio librou da minusvalidez 10 millóns de nenos

No Día Mundial da Poliomelite, UNICEF España recorda no marco da súa campaña 'Agora non podemos parar' que co custo dun SMS se pode vacinar tres nenos contra a polio

Ao redor de 1.000 nenos ao día foron protexidos contra a polio grazas ao esforzo mundial ao longo de 26 anos para erradicar esta enfermidade. A través da vacinación, esta iniciativa mundial evitou a minusvalidez de millóns de nenos de todo o mundo que antes non recibían a vacina.

Se non tivese sido así, uns 10 millóns de persoas terían quedado paralizadas de por vida; ademais, 1,5 millóns de persoas salvaron as súas vidas mediante a administración sistemática de vitamina A durante as campañas de vacinación contra a poliomielite. O número anual de casos de polio reduciuse de 350.000 en 1988 a 416 en 2013, e a 243 no que vai deste 2014, un descenso extraordinario de máis dun 99%. Todos os países onde a polio estaba firmemente atrincheirada, agás tres deles -Afganistán, Nixeria e Paquistán- eliminaron o virus dentro das súas fronteiras. Tamén se contiveron múltiples brotes nos últimos 26 anos. "En 1988, a poliomielite era unha das principais causas de minusvalidez na infancia", dixo o Director Executivo deUNICEF, Anthony Lake. "Dende entón, nun país tras outro, unha xeración de nenos creceu libre do fantasma da polio. O éxito dos esforzos de erradicación -que chegou a algunhas das comunidades máis desfavorecidas nalgunhas das circunstancias máis perigosas- demostra que é posible beneficiar a todos os nenos. Os nosos obxectivos máis ambiciosos e audaces en favor dos nenos poden cumprirse. E se poden cumprirse, deben cumprirse".En Nixeria rexistráronse só 6 casos este ano, fronte a 49 en 2013. Afganistán reduciu a transmisión a niveis moi baixos, e a maioría dos casos están vinculados a Paquistán. Con 206 casos rexistrados xa este ano, Paquistán é agora o maior reservorio de polio do mundo. Aínda que a polio é endémica en só tres países, segue representando un risco para todos os nenos do mundo, especialmente naqueles países que non consideran a inmunización sistemática como unha prioridade, como Sudán do Sur, a República Centroafricana e Ucraína. Os brotes de Sirya, Iraq, Camerún, Guinea Ecuatorial e Somalia están vinculados a Paquistán e Nixeria.

Grazas aos seus socios, doadores e aliados, UNICEF adquire todos os anos 1.700 millóns de dose da vacina oral contra a polio para chegar a 500 millóns de nenos. O traballo de mobilización social de UNICEF asegura que as familias acepten a vacina cando a reciben. Os intensos esforzos na última década levaron a que a aceptación da vacina contra a polio chegue aos seus niveis históricos máis altos nos países onde a poliomielite é endémica. "Nunca o mundo estivo tan preto desta oportunidade, única nunha xeración, de erradicar a poliomielite para sempre. Todos os nenos merecen vivir nun mundo libre da polio".

Campaña ‘Agora non podemos parar’

Para seguir avanzando na loita pola supervivencia infantil en todo momento e en todas as situacións, UNICEF Comité Español puxo en marcha a súa campañaAgora non podemos parar que, ata principios de 2015, pretende trasladar á nosa sociedade os avances realizados e os grandes retos pendentes para seguir salvando vidas. Os índices de supervivencia infantil melloraron radicalmente: en 1990, 12,7 millóns de nenos menores de cinco anos morreron por causas que podemos evitar; en 2013 esta cifra foi de 6,3 millóns. É unha redución de case a metade, pero a pesar dos avances, máis de 17.000 nenos menores de cinco anos morren cada día por causas que se poden evitar con medidas tan sinxelas como ter vacinas, auga ou unha nutrición axeitada.

Agora non podemos parar http://youtu.be/T1700NBGnls

http://www.unicef.es/actualidad-documentacion/noticias/ahora-no-podemos-parar-de-salvar-vidas-la-historia-de-un-amanecer

Para contribuir ao traballo de UNICEF pola supervivencia infantil:

Envío de SMS coa palabra UNICEF ao 28028*: 1,20 euros íntegros para UNICEF. Con esta cantidade pódese vacinar tres nenos contra a polio.

Web: www.unicef.es/ahoranopodemosparar/

Teléfono: 902 31 41 31

*IMPORTE DO SERVICIO DE SMS 1,20€ ÍNTEGRO PARA UNICEF. Válido para Movistar, Vodafone, Orange, Yoigo e Euskaltel. Número sen fins comerciais. Operado por UNICEF. N.atn.clte: 902228028, [email protected]. Información legal e protección de datos: www.unicef.es

Acerca de UNICEF

UNICEF promove os dereitos e o benestar de todos os nenos e nenas en todo o que facemos. Xunto aos nosos aliados, traballamos en 190 países e territorios para transformar este compromiso en accións prácticas, centrando especialmente os nosos esforzos en chegar aos nenos máis vulnerables e excluídos para o beneficio de todos os nenos, en todas as partes.

Más información:

Raquel Fernández

UNICEF España, Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55

E-mail: [email protected]