Iemen: preto de seis nenos son feridos ou morren cada día
Nenos de tan só dez anos son recrutados para combater nun país en risco de converterse en estado errado
O brutal conflito e unha situación humanitaria que se deteriora rapidamente están devastando as vidas dos nenos de Iemen e levaron ao país ao bordo do colapso. O informe que lanzou hoxe UNICEF, O impacto da violencia e o conflito en Iemen e os seus nenos, destaca que a violencia ten graves consecuencias para os nenos, así como o empeoramento dunha situación humanitaria que xa antes era precaria.
UNICEF verificou máis de 1.560
incidentes de violacións graves contra os nenos en Iemen. Como
resultado destas, máis de 900 nenos morreron e máis de 1.300 foron
feridos só o ano pasado, o que supón unha media de seis nenos
mortos ou feridos cada día. Estas cifras son case sete veces máis
altas que as de 2014. Con máis de 50 ataques a escolas confirmados,
os nenos foron tamén asasinados cando estaban no colexio ou no seu
camiño cara a ou desde a escola. Estas cifras son só a punta do
iceberg, xa que unicamente mostran os casos que UNICEF puido
confirmar.
"Os nenos están a pagar o prezo
máis alto por un conflito que non provocaron. Foron asasinados ou
mutilados en todo o país, e xa non están seguros en ningún lugar de
Iemen. Mesmo xogar ou durmir volveuse perigoso", dixo Julien
Harneis, representante de UNICEF en Iemen.
A medida que a guerra se
intensifica, o recrutamento e uso de nenos nos combates segue
aumentando. Os nenos están a adoptar papeis moito máis activos,
como operar en postos de control e levar armas. O ano pasado UNICEF
confirmou 848 casos de nenos recrutados para o combate, algúns de
só dez anos.
Segundo os últimos datos 63
instalacións sanitarias foron atacadas ou danadas; a maioría de
centros de saúde sofren unha grave escaseza de equipamento médico,
subministracións e persoal, e dispoñen de electricidade
esporadicamente.
En todo o país os servizos
básicos paralizáronse debido a que a entrada de combustible, auga e
alimentos interrompeuse a causa do conflito.
Ademais das mortes producidas
polo impacto directo da guerra, UNICEF estima que preto de 10.000
nenos menores de 5 anos morreron o ano pasado por enfermidades
prevenibles, xa que servizos sanitarios básicos como a vacinación
ou os tratamentos contra a diarrea e a pneumonía, entre outros,
diminuíron. En Iemen xa morrían preto de 40.000 nenos anualmente
antes de chegar aos seus quintos aniversarios.
Iemen, o país máis pobre da
rexión e xa un dos máis pobres do mundo, está ao límite debido á
devastación do último ano. Preto de 10 millóns de nenos, o 80% de
toda a poboación infantil do país, necesitan asistencia humanitaria
urxente. Máis de 2 millóns de nenos enfróntanse á ameaza de
enfermidades diarreicas, e 320.000 están en risco de sufrir
desnutrición severa aguda.
A pesar da violencia, as
restricións de acceso e a escaseza de fondos, UNICEF e os seus
aliados puideron proporcionar un exame nutricional e vacinas a
millóns de nenos e mulleres afectados pola violencia.
?Necesitamos axilizar a
distribución de axuda humanitaria e continuar salvando vidas e os
soños dos nenos de crecer, ter unha educación e formar as súas
propias familias?, dixo Harneis. ?É unha carreira
contrarreloxo?.
UNICEF reitera o seu chamamento a
todas as partes do conflito para que poñan fin á loita en Iemen e
alcancen unha solución política. Mentres continúa a procura da paz,
necesítanse medidas urxentes:
·
Todas as partes do conflito deben aterse ás leis da guerra, e parar
inmediatamente os ataques contra civís e contra infraestrutura
civil como escolas e instalacións sanitarias e de auga.
·
Todas as partes deben deter o recrutamento e uso de nenos nos
combates. Os nenos recrutados tanto para loitar como para outros
labores, deben ser liberados.
·
Todas as partes deben proporcionar acceso humanitario ilimitado e
incondicional para chegar a todos os nenos, independentemente de en
que partes do país estean (mesmo en zonas illadas polo
conflito).
·
UNICEF e os seus aliados precisan garantir urxentemente o seu
financiamento. Ata agora UNICEF só recibiu o 18% dos 180 millóns de
dólares (160,5 millóns de euros) que necesita para 2016.
"Iemen xa era un estado fráxil
debido aos conflitos intermitentes e á falta de desenvolvemento.
Desgraciadamente, os nenos sempre son os que máis sofren. Se a
guerra non termina o país corre o risco de converterse nun estado
errado con consecuencias de gran alcance para os nenos e as súas
familias", dixo Peter Salama, director rexional de UNICEF para
Oriente Medio e África do Norte.
Podedes descargar o informe (en inglés) aquí.
Para descargar fotos e vídeos:
ftp://video.unicef.es/yemen/
Usuario: Refcom
Contrasinal: uce442087
Más información:
Belén de Vicente, UNICEF España, 609 160 051 / 91 378 95 55, [email protected]