Grande esforzo internacional para frear a epidemia de polio en África occidental

Un grupo de expertos sanitarios confirmou hoxe que a epidemia de polio detectada en varios países da África occidental está a punto de eliminarse, aínda que tamén alerta de que a autosatisfacción pode provocar un novo brote. Dende mediados de 2009, a polio estendeuse por 11 países de África occidental, provocando mortes e centos de nenos con parálise para o resto da súa vida.

Brazzaville / Dakar. Unha serie de campañas de inmunización realizadas simultáneamente en varios países, e que se levaron a cabo na segunda metade de 2009 e en 2010, provocaron a práctica eliminación deste brote. Ademais, está prevista outra campaña en 15 países, que se levará o 25 de marzo e o 28 de abril, parainmunizar máis de 38 millóns de nenos, a través dunha rede de máis de 180.000 voluntariosequipados con 48 millóns de dose de vacina contra a polio, para eliminar calquera posibilidade de transmisión. Ao mesmo tempo, os esforzos por erradicar a polio estanse a intensificar en Nixeria, o único país africano onde a enfermidade é endémica, e onde nos
últimos 12 meses reduciuse o número de novos casos un 95% en comparación con 2009. A pesar de que a rexión se encontra preto de conseguir un éxito na saúde pública, os expertos alertan contra a autosatisfacción, avisando de que algúns grupos de nenos sen vacinar ou que non completaron o ciclo de vacinación poden verse afectados por un rebrote. Este risco púxose en evidencia tras detectarse en marzo un novo caso en Níxer, na fronteira co norte de Nixeria.

"Estas últimas campañas son clave para volver conseguir que os países de África occidental estean libres de polio", dixo Luis Gomes Sambo, Director Rexional para África da Organización Mundial da Saúde. "Baixo o liderado dos gobernos dos países da rexión, esta epidemia está a punto de ser eliminada, pero debemos investir os recursos necesarios en frear a polio para sempre na nosa rexión. " "Agora estamos a ver os resultados dos tremendos esforzos realizados os dous últimos anos" asegurou Gianfranco Rotigliano, Director Rexional deUNICEF para África occidental e central. "Decenas de miles de nenos sofren parálise de por vida. Pero, ao mesmo tempo, debemos recordar que en 2010 máis de 500 nenos e adultos foron infectados, e que aínda hoxe sofren os efectos desta desvastadora enfermidade, e moitos faleceron. Debemos asegurarnos de que a resposta ao brote continúa e que todos os nenos son vacinados" engadiu. "En Rotary Internacional, continuaremos facendo todo o que poidamos para apoiar ás comunidades e os países nos seus esforzos por erradicar a polio" asegura Ambroise Tshimbalanga-Kasongo, Director do Comité Africano PolioPlus de Rotary Internacional. "Os membros do Rotary contribuíron con máis de mil millóns de dólares á loita contra a polio e continuarán facéndoo ata que ningún neno sufra esta enfermidade. Estamos orgullosos de ser capaces de formar parte deste tremendo esforzo. "  

Mesmo despois de frear o brote as campañas periódicas de vacinación, xunto á rutina de inmunización, continuarán asegurando inmunidade á poboación e minimizando o risco doutro brote. A clave do éxito será o continuo compromiso dos líderes políticos, relixiosos e comunitarios, cuxo apoio fixo posible o avance na erradicación da polio na rexión. A Iniciativa Global para a Erradicación da Polio(GPEI polas súas siglas en inglés) está liderada polos gobernos, a OMS,Rotary Internacional, os Centros de Control e Prevención de Enfermidades de Estados Unidos (CDC) e UNICEF. Dende 1988 (o ano que se lanzou oGPEI), a incidencia de polio reduciuse máis dun 99%. En 1988 máis de 350.000 nenos cada ano sufriron parálise en máis de 125 países onde a enfermidade é endémica. En 2010, identificáronse 1.294 casos.

Máis información en www.polioeradication.org

Acerca de UNICEF

UNICEF traballa no terreo en máis de 150 países e territorios para tratar de garantir aos nenos e as nenas o dereito a sobrevivir e a desenvolverse dende a primeira infancia ata a adolescencia. UNICEF, que é o maior provedor de vacinas para os países en desenvolvemento, traballa para mellorar a saúde e a nutrición da infancia; o abastecemento de auga e saneamento de calidade; a educación básica de calidade para todos os nenos e nenas e a protección dos nenos e as nenas contra a violencia, a explotación e o VIH/SIDA.UNICEF está financiado na súa totalidade polas contribucións voluntarias de individuos, empresas, fundacións e gobernos.  

Más información:

Contacto:

Dailo Allí

Xefe de Prensa de UNICEF España

Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55

E-mail: [email protected]

www.unicef.es
www.facebook.com/unicef.es
twitter.com/unicef_es