Éxito da primeira Team UNICEF World Run: máis de 6.000 corredores competiron a favor dos nenos máis vulnerables

Máis de 6.000 corredores de todo o mundo, de París a Nova York, de Lisboa a Río e de Londres a Sidney, realizaron unha carreira de 10 quilómetros, separados fisicamente pero unidos para apoiar a UNICEF. A través deste impresionante reto deportivo e solidario recadáronse preto de 95.000 euros para mellorar as vidas de nenos vulnerables de todo o mundo.

A Team UNICEF World Run propoñía unha carreira de 10 km en calquera parte do mundo e a calquera hora, co único requisito de que os corredores tivesen conectadas as súas aplicacións do teléfono móbil (Nike+, Runtastic, Endomondo, Runkeeper, MapMyRun, Strava) ou reloxos GPS para poder medir os seus resultados en remoto. Inicialmente a carreira estaba prevista para o 15 de novembro, pero aprazouse debido aos atentados ocorridos en París o día 13.

A pesar diso este domingo, entre as 00:01 e as 23:59 horas, os corredores mostraron a súa solidariedade e 6.072 deportistas puxéronse as zapatillas para afrontar o reto.
 
Javier Martos, director executivo de UNICEF España, expresou o seu agradecemento "a todos os corredores que en España uníronse a este reto" e engadiu que "cada un dos quilómetros percorridos en todo o mundo polos máis de 6.000 participantes nesta experiencia global permitirán a UNICEF continuar traballando para conseguir cambios reais e mellorar as condicións de vida dos nenos máis vulnerables".
 
A carreira contou tamén co apoio de diferentes deportistas españois, así como dos embaixadores de UNICEF España Pau Gasol e Sergio Ramos, o futbolista Marcelo Vieira e a Fundació FC Barcelona.

Datos da Team UNICEF World Run:

·         6.072 participantes de 57 países

·         94.908,79 euros recadados para UNICEF

·         493 fotos compartidas en redes sociais durante a xornada

O equipo máis rápido foi un español, Garulopanes e a Dehesa (38 minutos e 32 segundos); o que conseguiu máis donativos, 1.150 euros, foi o EYD2015 Team, e o que realizou máis quilómetros (1.187,7) foi o Neurótica.

Sonrrí, estás a correr!

Os corredores podían seguir en vivo e en directo non só a evolución dos seus equipos, senón tamén os resultados do resto, a través dos posts que ían publicando os participantes na web da carreira (https://teamunicefworldrun.org/pictures) cos hashtags #TeamUNICEF e #WorldRun. Publicáronse case 500 fotos.

Más información:

Belén de Vicente, UNICEF España, Tel. 91 378 95 55 / 609 16 00 51, [email protected]