Equipos de UNICEF e subministracións chegan ás áreas afectadas polos novos casos de ébola en Liberia

En resposta aos primeiros casos de ébola confirmados en Liberia tras máis de tres meses sen rexistrarse ningún, UNICEF comezou a distribuír nas comunidades afectadas subministracións de emerxencia como tendas de campaña para illar aos que estean en corentena, kits de hixiene, e cloro e cubos para os postos de lavado de mans.

No condado de Margibi, onde o corpo dun neno deu positivo polo virus o 29 de xuño, os equipos de mobilización social de UNICEF xa están no terreo levando a cabo campañas de sensibilización porta a porta sobre a prevención do ébola, para minimizar o risco de máis contaxios e protexer e atender aos afectados.

"Sempre houbo risco de que o ébola volvese a Liberia. Agora debemos facer todo o posible para volver a cero casos", dixo Sheldon Yett, representante de UNICEF en Liberia. "A rapidez en responder a estes casos demostra que ninguén baixou a garda".

Nos próximos días será descontaminar a escola á que ía a vítima, instalaranse novos postos de hixiene e distribuirase xabón e cloro. Os postos de lavado de mans proporcionados por UNICEF instaláronse na entrada de todos os colexios de Liberia cando reabriron as súas portas en febreiro, tras seis meses pechados.UNICEF traballou coas autoridades locais para manter estes postos despois da declaración do país como libre de ébola o pasado 9 de maio.

UNICEF tamén está a traballar co goberno para garantir medidas como que se tome a temperatura aos estudantes cando cheguen.

"Liberia non tería sido declarada libre de ébola en maio sen o coñecemento e iniciativa das comunidades", dixo Yett. "Esas comunidades están outra vez á fronte de novos esforzos para garantir que non se dan novos casos da enfermidade aquí".

Nos veciños Guinea e Serra Leoa séguese informando de novos contaxios, aínda que en menor número que no auxe do brote. Na última semana de xuño rexistráronse 12 novos casos de ébola e
n Guinea e 8 en Serra Leoa.

Para acceder a vídeos e fotos:

ftp://video.unicef.es/ebola

Usuario:        Refcom

Contrasinal:   uce442087

Más información:

Alvina Lim, UNICEF Liberia, +231 (0) 770267938, [email protected]

Tim Irwin, UNICEF África Occidental e Central, +221 77 529 1294, [email protected]

Christophe Boulierac, UNICEF Xenebra, +41 799 639 244, [email protected]

Belén de Vicente, UNICEF España, 609 160 051 / 91 378 95 55, [email protected]