Dous terzos dos nenos non vacinados viven en países afectados por conflitos

Semana Mundial da Vacinación - 24 ao 30 de abril.

Case dous terzos dos nenos que non recibiron as vacinas básicas viven en países que están parcial ou totalmente afectados por conflitos segundo UNICEF  no marco da Semana Mundial da Vacinación.

Destes países en conflito, Sudán do Sur ten a porcentaxe máis alta de nenos non vacinados, xa que un 61% non recibe as vacinas básicas, seguido por Somalia (58%) e Siria (57%).
 
"Os conflitos crean as condicións propicias para que se produzan brotes de enfermidades", dixo o director de vacinación de UNICEF, Robin Nandy. "Os nenos deixan de recibir as vacinas básicas por mor da interrupción -e ás veces a destrución deliberada- dos servizos básicos de saúde. Mesmo cando hai servizos médicos, a inseguridade impide a miúdo que cheguen aos nenos".
 
O sarampión, a diarrea, as infeccións respiratorias e a desnutrición son as causas principais das enfermidades e mortes infantís, e nos conflitos e as situacións de emerxencia os seus efectos poden agravarse. Cando os nenos contraen sarampión nos lugares onde non hai conflitos, soamente morre menos do 1%. Nas zonas onde o hacinamiento e a desnutrición son abundantes, como nos campamentos de refuxiados, as mortes infantís debidas ao sarampión poden elevarse ata o 30%. O hacinamiento e a falta de alimentos, auga e refuxio, fan que os nenos sexan aínda máis vulnerables á enfermidade.
 
Outro dos problemas que nas zonas en conflito ten un efecto desastroso sobre a saúde dos nenos é que os traballadores da saúde son branco de asasinatos e os enfrontamentos destrúen instalacións, subministracións e equipos médicos.
 
As zonas afectadas por conflitos en Paquistán e Afganistán son os últimos redutos que quedan do virus da poliomielitis, unha enfermidade paralizante que xa foi eliminada no resto do mundo. En Siria, os niveis de inmunización reducíronse de máis dun 80% en 2010, antes do conflito, a un 43% en 2014. A polio rexurdiu no país en 2013, despois de 14 anos sen que se rexistraron casos. En República Democrática do Congo rexistráronse xa en 2016 máis de 2.000 casos sospeitosos de sarampión, con 17 mortos, a maioría deles nenos menores de 5 anos.
 
A vacinación -especialmente contra o sarampión, que é altamente contaxioso- é unha prioridade nas emerxencias humanitarias e unha parte central da resposta de UNICEF para protexer a saúde dos nenos está centrada nestes lugares:

·         En Siria está previsto que se inicie unha campaña de vacinación o 24 de abril. Centrarase nos nenos pequenos que non recibiron a vacinación de rutina, especialmente nas zonas asediadas e difíciles de alcanzar. Moitos destes nenos, nados desde que comezase o conflito, nunca foron vacinados.

 
·         En Iemen, a pesar dos intensos combates en todo o país, as campañas de vacinación con apoio de UNICEF inmunizaron a 2,4 millóns de nenos contra o sarampión e a rubeola en xaneiro e a 4,6 millóns de nenos contra a poliomielitis en abril de 2016.
 
·         En Libia, a primeira campaña de vacinación contra a poliomielitis na que UNICEF achegou 1,5 millóns de doses de vacinas, tivo lugar en todo o país por primeira vez despois de dous anos e finalizou en abril.. .
 
·         Máis 36 millóns de nenos recibiron as vacinas contra a poliomielitis en Paquistán, onde os casos de polio reducíronse nun 65% desde 2015.
 
·         Durante 2014 e 2015, UNICEF apoiou campañas de inmunización de emerxencia contra o sarampión para máis de 23 millóns de nenos en Iraq, Siria e Iemen.
 
Nas situacións de emerxencia e os conflitos, UNICEF traballa cos seus aliados para reiniciar a cadea de frío que requiren as vacinas e outras subministracións médicas esenciais; instalar de novo os equipos de saúde; e formar aos traballadores da saúde en cuestións como a vacinación, as avaliacións nutricionais, a administración de suplementos de vitamina A e o tratamento médico para mulleres e nenos.
 
A vacinación en contexto de conflito contribúe a renovar outros servizos de saúde moi necesarios. Por exemplo, nas zonas afectadas por conflitos en Iraq, Siria e Iemen, os traballadores da saúde tamén provén servizos de saúde e nutrición, así como atención ás enfermidades infantís aos nenos que acoden a vacinarse.
 
"Os nenos afectados por conflitos son vítimas dunha espiral de privacións que menoscaba a súa saúde e, por extensión, o seu futuro. A vacinación pode axudar a romper este círculo vicioso", dixo Nandy. "A vacinación é un servizo vital que merece e require a protección de todas as partes en conflito".
 
Actualmente, na emerxencia producida polo terremoto en Ecuador o risco de que se propaguen algunhas enfermidades increméntase e as campañas de vacinación convértense nunha necesidade urxente para protexer a todos os nenos.
 
En Nepal, cuxo primeiro aniversario do terremoto cúmprese o vindeiro luns 25, o terremoto deixou a miles de nenos en situación de extrema vulnerabilidade. Ao longo deste primeiro ano, UNICEF conseguiu administrar a máis 500.000 nenos de entre 6 e 59 meses vacúas para previr o sarampión.

NOTA PARA A REDACCIÓN:

A Semana Mundial da Vacinación celébrase todos os anos a finais de abril para promover o uso de vacinas vitais para todos os nenos, especialmente aqueles que están sistematicamente excluídos. Tanto UNICEF como os seus aliados na inmunización, os gobernos e as organizacións da sociedade civil do mundo celebran esta data. A Semana Mundial da Vacinación transcorre do 24 ao 30 de abril.

Máis información en http://www.UNICEF.org/Immunization/. Siga #todosvacunados

Para descargar fotos e vídeos:

ftp://video.unicef.es/vacunacion

Usuario                               Refcom

Contrasinal:                      uce442087

Acerca de UNICEF

UNICEF promove os dereitos e o benestar de todos os nenos e nenas en todo o que facemos. Xunto aos nosos aliados, traballamos en 190 países e territorios para transformar este compromiso en accións prácticas, centrando especialmente os nosos esforzos en chegar aos nenos máis vulnerables e excluídos para o beneficio de todos os nenos, en todas partes. 

Más información:

Para máis información:

Belén de Vicente

UNICEF España, Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55

E-mail: [email protected]