Declaración sobre a situación dos nenos refuxiados e migrantes en Hungría

UNICEF está en contacto co Representante Permanente de Hungría ante a ONU en Nova York, para analizar como se debe protexer de maneira adecuada aos nenos refuxiados e migrantes, en liña cos compromisos do país coa Convención sobre os Dereitos do Neno.

A Convención esixe que os gobernos tomen as medidas necesarias para protexer a todos os nenos e que proporcionen un apoio especial aos nenos que están refuxiados ou pedindo asilo.
 
UNICEF tamén ofreceu ao goberno de Hungría apoio para fortalecer a protección dos nenos refuxiados e migrantes, tras os violentos enfrontamentos do mércores na fronteira entre Hungría e Serbia, e ante os informes de que a nova lei introducida por Hungría podería levar a detención, persecución e separación dos seus pais dos nenos que cheguen ao país.
 
Este apoio por parte de UNICEF incluiría:
  • Axudar co apoio psicolóxico aos nenos a través de equipos móbiles e espazos amigos da infancia nos centros de recepción e noutras zonas onde se agrupan as familias.
  • Apoio na identificación de nenos separados e non acompañados, e na reunificación de familias.
  • Apoio técnico e orientación para fortalecer os sistemas que poidan determinar o interese superior dos nenos que se están movendo polo país.
UNICEF urxe ao goberno de Hungría a pór sempre en primeiro lugar o interese superior dos nenos refuxiados e migrantes en todas as decisións que lles afecten. Os nenos non deberían ser criminalizados por ser refuxiados ou migrantes, nin ser separados das súas familias. Estes nenos xa experimentaron un enorme sufrimento nas súas viaxes, e agora deben ser tratados con dignidade e recibir toda a atención, protección e comprensión que necesitan.
 
Ninguén debería pór aos nenos en risco de sufrir ningún dano. As escenas que vimos o mércores, con nenos atrapados no medio da violencia e os disturbios, non deberían repetirse nunca.
 
UNICEF tamén insta a todos os estados membros da UE a moverse rápido e proporcionar aos nenos refuxiados e migrantes a protección e asistencia á que teñen dereito. Ningún país pode cargar con esta responsabilidade el só.

Más información:

Sarah Crowe, UNICEF en Xenebra, Tel: +1 646 209 1590; [email protected]
John Budd, UNICEF Nova York, Tel: +1 917 9099542; [email protected]
Belén de Vicente, UNICEF España, 609 160 051 / 91 378 95 55, [email protected]