Declaración sobre Sirya da Directora Rexional de UNICEF para Oriente Medio e Norte de África, Maria Calivis

UNICEF mostra o seu horror pola morte de polo menos 70 nenos como consecuencia de ataques realizados con mísiles a zonas residenciais de Aleppo entre o 18 e o 22 de febreiro.

As mortes producíronse tras catro ataques con mísiles que golpearon Jabal Badro, Tareeq Al-Bab e áreas de Ard Al-Hamra, ademais dunha cuarta ofensiva a Tel Rifa't, aos arredores de Aleppo. Ademais, o 21 de febreiro produciuse un ataque con bomba ao barrio de Mazra, en Damasco, que acabou coas vidas dunhas 60 persoas, entre elas polo menos 20 nenos que asistían a clase na escola primaria de Abdullah Ibn Zubair. Estes últimos ataques demostran o terrible impacto do conflito sobre a poboación civil, particularmente nos nenos. Poñen de relevo a urxencia de rematar cunha crise que dura dous anos e que está a esgazar constantemente o tecido social.UNICEF condena estes ataques nos termos máis enérxicos, e unha vez máis fai un chamamento a todas as partes para garantir que os civís, especialmente os nenos, sexan protexidos do conflito en todo momento.

Máis información sobre a Crise de Sirya:

http://www.unicef.es/infancia/emergencias-ayuda-humanitaria/crisis-en-siria

Más información:

Dailo Allí, Xefe de Prensa de UNICEF España, Tel: 609 160 051 / [email protected]