Declaración de UNICEF sobre os resultados do Cume da UE con Turquía

Tras o cume da UE con Turquía, UNICEF reitera que o principio humanitario fundamental de "non facer dano" debe guiar ás autoridades de Europa, os Balcáns e Turquía na aplicación das decisións adoptadas, relativas á protección dos nenos refuxiados e migrantes. 

Aínda que os detalles de como se vai a levar a cabo este novo plan seguen sen estar claros, UNICEF lembra aos Estados as súas seguintes responsabilidades e obrigacións:

  • Ante todo, garantir o dereito dos nenos para solicitar protección internacional.
  • Os nenos non deberían ser retornados aos seus países de orixe se corren riscos como a detención, o recrutamento forzoso, o tráfico ou a explotación.
  • Desenvolver canles seguras e legais para os nenos que escapan do conflito e a guerra, a través de medidas apropiadas como a reunificación familiar, para evitar que os nenos, especialmente os non acompañados, recorran a contrabandistas ou traficantes en busca de seguridade.
Nestes momentos a grave situación que se vive nas fronteiras de Grecia e a antiga República Iugoslava de Macedonia é inaceptable para os nenos, que agora conforman a maioría de quen está na fronteira de Idomeni, no norte de Grecia.
 
Os nenos xa soportaron demasiado: escaparon da guerra e do conflito, e fixérono a través dun camiño perigoso. Ter que durmir á intemperie, sen acceso aos servizos básicos e sen saber se poderán avanzar ou retroceder, é outro golpe máis para eles.
 
Os nenos desatendidos corren un maior risco de ser vítimas de traficantes ou contrabandistas, e os seus dereitos deben ser unha prioridade.
 
En UNICEF estamos preparados para apoiar ao goberno de Grecia a atopar solucións inmediatas para os nenos refuxiados e migrantes.

Más información:

Belén de Vicente, UNICEF España, 609 160 051 / 91 378 95 55, [email protected]