Declaración de UNICEF sobre o Día Mundial dos Refuxiados: fuxindo e en perigo

Os nenos que buscan refuxio teñen o mesmo dereito que todos á protección e o apoio

No medio da violencia que azouta Sirya e a outros países da rexión, un número sen precedentes de nenos desprazados buscan refuxio en Europa e fan fronte a graves riscos, tanto polo perigo que supón cruzar o Mediterráneo coma pola incerteza que os espera nos países de acollida. Témese unha maior afluencia de nenos refuxiados debido a que o bo tempo aumenta o número de persoas que se embarcan nesta viaxe desesperada.

"Os nenos refuxiados, moitos dos cales non están acompañados, son a miúdo detidos en condicións inseguras e inadecuadas. Tamén son moito máis vulnerables aos abusos, a explotación e outras violacións dos seus dereitos. "Todo neno ten dereito ás proteccións establecidas na Convención das Nacións Unidas sobre os Dereitos do Neno; poucos as necesitan máis que os nenos refuxiados. No Día Mundial dos Refuxiados,UNICEF pide aos gobernos que proporcionen aos nenos refuxiados a mesma atención, servizos, dignidade e protección que aos demais nenos. "Por circunstancias alleas á súa vontade, eses nenos xa viviron unha serie de traumas que moi poucas persoas poderían soportar; cando buscan un refuxio seguro deberían recibir exactamente iso. "

Más información:

Rita Ann Wallace, UNICEF Nova York,

Tel + 1 212 326-7586, móvil: + 1 917 213 4034, [email protected]

 Najwa Mekki, UNICEF Nova York

Tel: +1 212 326 7448, móvil: +1 917 209 1804, [email protected]

 Dailo Allí Xefe de prensa de UNICEF España

Tel: 609 160 051 [email protected]