Declaración de Julien Harneis, representante de UNICEF en Iemen

Sobre a violencia contra os nenos na recente escalada de violencia en Iemen

“Catro nenos morreron e tres resultaron feridos o pasado 7 de agosto no distrito de Nihm, ao leste da capital Iemení, Sa'a.

UNICEF deplora estes actos e urxe a todas as partes a ter extremo coidado e evitar infraestruturas civís. Os nenos están a pagar o prezo máis alto do conflito en Iemen. 
 
Desde que comezase a escalada do conflito en marzo de 2015, UNICEF puido verificar a morte de 1.121 nenos e que outros 1.650 resultaron feridos. As cifras actualmente poderían ser moito máis altas.
 
UNICEF urxe a todas as partes en conflito en Iemen a aplicar o Dereito Internacional Humanitario e manter aos nenos fóra de perigo"

Acerca de UNICEF

UNICEF promove os dereitos e o benestar de todos os nenos e nenas en todo o que facemos. Xunto aos nosos aliados, traballamos en 190 países e territorios para transformar este compromiso en accións prácticas, centrando especialmente os nosos esforzos en chegar aos nenos máis vulnerables e excluídos para o beneficio de todos os nenos, en todas partes. 

Más información:

Belén de Vicente

UNICEF España, Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55

E-mail: [email protected]

 

www.unicef.es

Síguenos en  Facebook  Twitter Youtube Instagram

snapcode unicef peque
@unicef_es