Declaración de Hanna Singer, representante de UNICEF en Siria, sobre o ataque preto doutra escola en Alepo

"No ataque de onte preto da escola primaria Hatem Tai, na cidade de Alepo, morreron catro nenos e outro tres resultaron feridos. Os nenos ían de camiño á escola pola mañá, cando os morteiros golpearon a zona. 

Estes ataques mortais han ocorrido tan só tres días despois de que outro cinco nenos morresen dentro da súa escola na cidade de Daraa. En Siria, até ir á escola é perigoso.
 
Na cidade de Alepo, nos ataques indiscriminados en zonas poboadas, todos os días morren ou resultan feridos decenas de nenos. Os que sobreviven, están a ser testemuñas dunha violencia espantosa que ningún neno debería ver, deixándolles cicatrices físicas e psicolóxicas para toda a vida. Nada justifica a morte destes nenos.
 
UNICEF pide a todas as partes no conflito que se protexa a vida dos civís e que cesen os ataques nas infraestruturas civís, incluíndo instalacións educativas e escolas, cumprindo as súas obrigacións en virtude do dereito internacional humanitario.
 
Os nenos deberían de estar protexidos sempre".

Para coñecer máis e colaborar co traballo de UNICEF en Siria:

http://www.unicef.es/infancia/emergencias-ayuda-humanitaria/crisis-en-siria

Más información:

Belén de Vicente

UNICEF España, Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55

E-mail: [email protected]