Declaración de Hanaa Singer, representante de UNICEF en Siria, sobre a violencia contra os nenos en Siria

"Segundo os últimos informes, un neno foi asasinado e outro dez resultaron feridos nun bombardeo onte preto do santuario de Sayidda Zeinab, ao sur de Damasco. Hoxe, polo menos cinco nenos morreron nos ataques no mercado de Idlib.

Estes sucesos ocorren no marco do aumento dos ataques rexistrados a civís durante as pasadas semanas, nos que decenas de nenos resultaron mortos.

Ao longo de Siria, ao establecer conversación cos nenos, cóntannos historias traumáticas. Moitos foron testemuñas de niveis horribles de violencia quedando profundamente traumatizados. Algúns deixan de poder durmir, os que logran conciliar o soño, teñen pesadelos. Moitos perderon o oído por culpa dos constantes bombardeos. Algúns se pon a chorar de golpe. Tremendo de medo cóntannos o moito que temen as bombas e os mísiles. Hai nenos que deixan mesmo de poder falar. Onde sexa que estean, os nenos viven co medo constante de non saber cando se producirá o seguinte ataque.  
 
Como outros nenos ao redor do mundo, a infancia siria debería estar a se preparar para as vacacións de verán, non escapando e escondéndose das bombas e as balas.
 
Que lles dicimos aos nenos en Siria que nos seguen preguntando, unha e outra vez, `cando terminará isto "?.

Acerca de UNICEF

UNICEF promove os dereitos e o benestar de todos os nenos e nenas en todo o que facemos. Xunto aos nosos aliados, traballamos en 190 países e territorios para transformar este compromiso en accións prácticas, centrando especialmente os nosos esforzos en chegar aos nenos máis vulnerables e excluídos para o beneficio de todos os nenos, en todas partes. 
 
 

Más información:

Belén de Vicente

UNICEF España, Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55

E-mail: [email protected]

www.unicef.es

Síguenos en  Facebook  Twitter Youtube Instagram

@unicef_es