Declaración de Anthony Lake, director executivo de UNICEF, sobre o ataque a unha sala de profesores en Iemen

A pasada noite trece educadores e catro dos seus alumnos pagaron o peor prezo do continuo conflito en Iemen: foron asasinados nun ataque aéreo a unha sala de profesores eAmran, ao norte de Saná.

Os profesores estaban reunidos preparando os exames de miles de nenos que perderon o final do seu ano escolar debido ao brutal conflito. Como ían traballar durante horas levaran con eles os seus nenos, algúns dos cales estaban a xogar fóra cando a bomba explotou. Unha acción altruísta converteuse nun momento nun masacre sen sentido.

Este horrible ataque tivo lugar en vésperas do Día Mundial da Asistencia Humanitaria, unha data para apoiar a contribución dos traballadores humanitarios e a inviolabilidade dos lugares onde traballan. O ataque de onte á noite en Amran viola os valores que deberiamos estar a celebrar hoxe.

Dende que a violencia se agravou en Iemen en marzo, unha media de oito nenos son asasinados ou mutilados cada día. O impacto inmediato nos nenos é atroz, pero as consecuencias a longo prazo para o futuro de Iemen son terribles: UNICEF estima que 1,8 millóns de nenos poderían sufrir desnutrición a finais de ano, máis de 15 millóns de persoas carecen de acceso a a
tención sanitaria básica, o peche de escolas interrompeu a educación de máis de 1,8 millóns de nenos, e máis de 20 millóns de persoas están a loitar para conseguir o acceso a auga potable e saneamento que necesitan.

Ningunha nación, ningunha sociedade, pode permitirse perder os seus nenos debido a un conflito- xa sexa debido a ataques directos, á desnutrición, a enfermidades, á falta de educación ou debido ao trauma polos horrores dos que son testemuñas. En Iemen ou en Nixeria... en Sirya, Sudán ou Sudán do Sur... en Iraq, Ucraína, Somalia, República Centroafricana, ou noutros países afectados pola guerra, xeracións enteiras de nenos estanse a perder.

Sen dúbida, este Día Mundial da Asistencia Humanitaria debería ser o último no que debamos lamentar a morte de tantos nenos e daqueles que lles atenden, vidas perdidas en conflitos sanguentos dos que non son responsables.

Más información:

Belén de Vicente, UNICEF España, 609 160 051 / 91 378 95 55, [email protected]