Declaración de Anthony Lake, director executivo de UNICEF, sobre a extrema violencia contra os nenos nos conflitos

"Millóns de nenos en todo o mundo están atrapados hoxe en día nas guerras dos adultos -asasinados, feridos, violados ou secuestrados deliberadamente. As súas escolas e fogares están a ser destruídos; néganselles alimentos, auga e atención médica. Decenas de miles vense obrigados a unirse ás forzas e os grupos armados.

Hai dez anos que o Consello de Seguridade de Nacións Unidas aprobou a resolución 1612 para protexer mellor os nenos afectados polos conflitos. Hoxe en día fanse grandes esforzos para protexer os nenos nos países en guerra. O ano pasado, máis de 10.000 nenos foron liberados das forzas e grupos armados en todo o mundo, e recibiron apoio para regresar ás súas comunidades.

Pero a violencia que afecta aos nenos nos conflitos deu un xiro máis escuro.

Informes procedentes do Iraq,Nixeria e Sirya revélannos que os adultos están a utilizar os nenos para cometer actos dunha violencia extrema -nenos que aos que obrigaron a observar execucións e a participar nelas, aos que se lles fixo crer que a violencia é normal e cuxas mentes novas e impresionables foron expostas a unha brutalidade sen sentido, con total desprezo pola inviolabilidade da nenez.

Todo neno ou nena asasinado ou obrigado a matar nun conflito, ou que fose testemuña da brutalidade da guerra, é unha vítima. Unha persoa inocente que soportou o custo dun conflito que ela mesma non provocou.

Debería indignarnos que tal sufrimento continúe e que non se faga máis para poñer fin a estes horrores e para esixir responsabilidades aos seus autores".

Para descargar contido multimedia:ftp://video.unicef.es

Usuario:                              Refcom

Contrasinal:                      uce442087

Más información:

Najwa Mekki, UNICEF, Nova York, [email protected], +1 917 209 1804
 
Melanie Sharpe, UNICEF, Nova York, [email protected], +1 917-251-7670
 
Belén de Vicente, UNICEF España, Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55, [email protected]