Declaración conxunta sobre a Resolución 2165 do Consello de Seguridade sobre acceso humanitario en Sirya

Damos a benvida á Resolución 2165 do Consello de Seguridade sobre acceso humanitario en Sirya, que debería permitirnos chegar a 2,9 millóns de persoas máis con axuda vital. Esta resolución representa un grande avance nos nosos esforzos por levar a axuda aos sirios que a necesitan.

Como parte da nosa resposta á continua crise en Sirya, nós e outros responsables de axencias e ONG aliadas estamos a traballar na mellor forma de aplicar a resolución, con carácter urxente. Os equipos do PMA en terreo están a poñer en marcha de inmediato o mecanismo de vixilancia establecido na resolución. Coa nova resolución, UNICEF xa preparou subministracións para os primeiros convois transfronteirizos, que inclúen mantas, materiais de potabilización de auga, kits de hixiene e xiringas. Os nenos sen fogar e famentos non coñecen ou non lles importa se están nunha zona controlada polo goberno ou nunha área controlada pola oposición. Só queren comida e un lugar seguro para vivir. En Sirya, preto de 11 millóns de persoas necesitan axuda humanitaria de xeito inmediato. Debemos facer todo o que poidamos para axudarlles, para levar axuda polas rutas máis directas, xa sexa a través de fronteiras ou a través das zonas en conflito, e esta resolución axudaranos a conseguilo. Se ben esta resolución aborda un dos desafíos, moitos outros permanecen sen atender. Gran parte de Sirya é zona de guerra polo que a distribución de axuda é moi complicada. Hai que realizar complexos procedementos administrativos antes de permitir que os convois viaxen dun lugar a outro. Custa unha enorme cantidade de diñeiro levar a axuda a tantas persoas, e é difícil obter fondos. Reiteramos os chamamentos do Secretario Xeral de Nacións Unidas e das axencias do sistema da ONU a todas as partes no conflito e aos que teñen influencía sobre eles para permitir o acceso incondicional de axuda humanitaria para todas as persoas que o necesitan, sen discriminación, utilizando todas as rutas dispoñibles.

Valerie Amos

Secretaria Xeral Adxunta de Asuntos Humanitarios e Coordinadora do Socorro de Emerxencia.

Ertharin Cousin

Director Executivo, Programa Mundial de Alimentos

Anthony Lake

Director Executivo, UNICEF

Más información:

Clare Doyle, OCHA New York. Tel: +1-212-963-5009, Cell: +1-646-288-6331, [email protected]

Marixie Mercado, UNICEF New York. Tel: +1-212-326-7133, Cell: +1-917-213-5188, [email protected]

Bettina Luescher, WFP New York. Tel: +1-646-556-6909, Cell: +1-646-824-1112, [email protected]

Dailo Allí, UNICEF España. 91 378 95 55 / 609 16 00 51 [email protected]