Decenas de nenos foron asasinados e levados pola forza en ataques violentos en Sudán do Sur

Decenas de nenos foron asasinados, polo menos 12 violados e outros tantos levados pola forza e recrutados durante unha serie de ataques que tiveron lugar en Sudán do Sur nas últimas dúas semanas, segundo os testemuños que recibiu UNICEF.

De acordo a decenas de testemuños de persoas que fuxiron de aldeas en chamas, os nenos foron vítimas e tamén levaron a cabo os actos de violencia recentes no estado de Unidad, nos que homes e nenos armados, vestidos de militares ou de civís, foron responsables da destrución masiva de vidas e propiedades.

Os superviventes contaron a persoal de UNICEF como aldeas enteiras foron queimadas e reducidas a cinzas por grupos armados, mentres que un gran número de nenas e mulleres foron violadas e asasinada publicamente- incluíndo algunhas de apenas sete anos. Polo menos 19 nenos - algúns tan só de dez anos- e sete nenas foron asasinados. Outros foron mutilados ou recrutados para unirse ao combate e coidar o gando roubado.

O representante de UNICEF en Sudán do Sur, Jonathan Veitch dixo que os testemuños de varias testemuñas mostran unha fotografía terrorífica da situación que están a sufrir estes nenos e nenas mentres se intensifican os combates días antes do comezo da tempada de chuvias.

"Que os nenos sexan o obxectivo deliberado destes ataques é unha barbaridade", dixo Veitch. "Para protexer os nenos dun dano maior, é unha necesidade urxente o cesamento inmediato das hostilidades, xunto co plen
o acceso dos traballadores humanitarios. Tamén se require unha investigación urxente e exhaustiva para identificar e pedir contas aos responsables destas últimas atrocidades cometidas" "contra os nenos".

O Goberno de Sudán do Sur e as forzas de oposición ao Goberno deben utilizar toda a súa influencia para protexer os nenos e deter de inmediato as graves violacións contra a infancia, incluída a violencia sexual, así como incidir para liberar a todos os nenos das forzas armadas e os grupos asociados, dixo UNICEF.

Calcúlase que uns 13.000 nenos foron recrutados ou utilizados por todas as partes en conflito, segundo datos verificados por Nacións Unidas.

A maioría das persoas que sobreviviron aos recentes ataques en Sudán do Sur son mulleres e nenos pequenosUNICEF e os seus aliados están a proporcionar apoio psicolóxico aos superviventes e rexistran os nenos que están sós ou non acompañados para reunificalos coas súas familias.

Nas últimas semanas, os combates foron en aumento nos estados de Unidade e Alto Nilo, provocando violacións contra os dereitos da infancia cunha regularidade alarmante.

Para UNICEF é fundamental permitir a Nacións Unidas, o acceso sen restricións ás zonas afectadas pola violencia recente nos estados de Unidad e Alto Nilo, co fin de brindar apoio e protección ás mulleres, os nenos e a todos os civís que poden estar
feridos, atrapados ou escondidos.

Para descargar recursos audiovisuales e multimedia: http://weshare.unicef.org/MediaResources

Más información:

Claire McKeever, UNICEF South Sudan; Mobile: + 211 (0) 955 109325, [email protected]

James Elder, UNICEF Regional Chief of Communication, Eastern & Southern Africa, Mobile:+254 71558 1222, [email protected], @1james_elder

Chris Tidey, UNICEF Media, +1 917 909 9542, [email protected]

Belén de Vicente, UNICEF España, Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55, [email protected]