Decenas de miles de nenos foxen da violencia en Burundi

Aproximadamente 100.000 persoas, a gran maioría mulleres e nenos, fuxiron dos enfrontamentos violentos en Burundi aos países veciños dos Grandes Lagos, incluíndo Tanzania, Ruanda e a República Democrática do Congo (RDC). Espérase que o número de refuxiados vaia en aumento, xa que a situación en Burundi continúa sendo inestable.

"Moitos dos nenos que chegan ás fronteiras non gozan de boa saúde, non están acompañados ou foron separados das súas familias" dixo Leila Gharagozloo-Pakkala, directora rexional de UNICEF para África Oriental e Meridional. "Eles teñen unha urxente necesidade de servizos básicos de refuxio, alimentación, saúde e protección".

- A Tanzania chegaron máis de 70.000 refuxiados, a maior parte actualmente vanse reunindo na área de Kagunga, dende onde pouco a pouco están sendo trasladados ao campamento Nyarugusu en barco e camións.

- En Ruanda, a maioría dos refuxiados 26.000 procedentes de Burundi están sendo aloxados no campamento Mahama.

- A República Democrática do Congo recibiu máis de 9.000 refuxiados e a maioría están a ser albergadas en familias de acollida, mentres que un pequeno número permanecen en zonas de tránsito.

Os refuxiados en lugares de tránsito en Tanzania e República Democrática do Congo enfrontan un especial risco de brotes de enfermidades, como a cólera, debido ás precarias condicións sanitarias e de vida. UNICEF está a traballar para mellorar o saneamento nestas zonas, ademais de para proporcionar kits de purificación de auga e bidóns para familias.

A maioría dos nenos que chegan requiren servizos especiais de protección. UNICEF e os seus aliados están a rexistrar e ofrecen os coidados necesarios aos nenos non acompañados e separados das súas familias.

En cada un dos países afectados, UNICEF traballa
sobre o terreo xunto aos seus aliados para proporcionar servizos básicos de saúde, nutrición, auga, saneamento, educación e protección á infancia. A medida que chegan máis refuxiados aumenta a necesidade, cada vez máis urxente, de ampliar os servizos vitais.

Más información:

Belén de Vicente, UNICEF España, Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55, [email protected]