A crise do ébola afecta ao sistema sanitario de Liberia e outros servizos esenciais para os nenos

Mentres se intensifican os esforzos para deter a expansión do virus do ébola, UNICEF advirte do impacto a longo prazo que esta enfermidade está a ter nos nenos. En Liberia, o ébola interrompeu os servizos sanitarios destinados aos nenos, provocou o peche de escolas e deixou miles de nenos sen pais. Os nenos están a morrer de sarampelo e doutras enfermidades que se poderían evitar con vacinas, e as mulleres embarazadas teñen moi poucos lugares nos que dar a luz con seguridade.

"Na última década, Liberia pasou de ser un país atrapado nun conflito desvastador a un país que celebra ser o que máis reduciu a mortalidade infantil en toda África", dixo Sheldon Yett, representante de UNICEF en Liberia. "Agora, o Ébola ameaza con botar por terra todos eses logros obtidos con moito esforzo a favor dos nenos e de Liberia".


Case todas as instalacións sanitarias están pechadas ou funcionan parcialmente. Os nenos non están a recibir vacinas que os protexan ou non están a ser tratados contra enfermidades comúns na infancia que inflúen na maioría das mortes de nenos menores de cinco anos -como a malaria, a pneumonía, a diarrea e a desnutrición aguda grave.


Ata o momento,UNICEF, co apoio do Banco Mundial, enviou a Liberia preto de 248 toneladas métricas de subministracións, entre os que se inclúen materiais de protección, kits de hixiene, cloro -foi o maior envío de cloro que UNICEF fixo en toda a súa historia- láminas de plástico, sales de rehidratación oral para o tratamento da diarrea e outras subministracións sanitarias de emerxencia.


Na última semana,UNICEF, xunto aos seus aliados en Liberia, distribuíu 9.000 kits de hixiene a 45.000 persoas enWest Point, unha empobrecida e masificada comunidade en Monrovia que se viu moi afectada polo brote de ébola e que rexistra con frecuencia altas taxas de graves enfermidades diarreicas acuosas. Cada kit inclúe dous cubos de 10 litros de capacidade, pastillas potabilizadoras e xabón.

Un elemento esencial no control desta enfermidade altamente contaxiosa é a prevención. UNICEF proporciona auga e saneamento aos centros de tratamento, e os informadores percorren varias veces á semana pobos e cidades para promover mellores prácticas hixiénicas.UNICEF dá formación a traballadores psicosociais e traballa para restaurar servizos sanitarios esenciais para nais e nenos, incluíndo aqueles que sofren desnutrición.


"Entre os verdadeiros heroes deste país encóntranse os traballadores sanitarios de Liberia, que loitan na primeira liña desta batalla", diYett. Este país ten un dos ratios de profesionais sanitarios per cápita máis baixos. Aínda así, aproximadamente o 15 por cento dos contaxiados son profesionais sanitarios, unha perda desvastadora para o país e para os nenos e familias aos que axudan".


Os nenos cuxos familiares morreron a causa do ébola, enfróntanse á estigmatización e ao rexeitamento, xa que son vistos como unha fonte de infeccións, mala sorte e problemas. Moitos están sós, vagando polas rúas sen os seus pais, sen refuxio axeitado e sen coidados médicos nin nutricionais. Aproximadamente o 20 por cento destes nenos teñen menos de dous anos e son particularmente vulnerables ás consecuencias do abandono.


UNICEF tamén despregou especialistas de saúde mental para dar apoio psicosocial a todos os pacientes dos centros de tratamento contra o ébola.UNICEF está a proporcionar aloxamento seguro aos nenos que deben estar 21 días en corentena por estar en contacto co virus e que non teñen a ninguén que coide deles; e residencias temporais para os nenos que quedaron orfos a causa doébola aínda que non tiveron contacto co virus.


Debido a que as escolas de primaria e secundaria permanecen pechadas, unha situación que afecta a máis de 1,5 millóns de nenos, UNICEF está a traballar coas autoridades educativas de Liberia e outros aliados para asegurar que todos os nenos poidan continuar a súa educación formal aínda que non poidan asistir fisicamente ao colexio.

 
Para descargar fotografías e videos: http://uni.cf/WPhktD
 

Más información:

Dailo Allí, Xefe de Prensa de UNICEF España, Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55