Consuelo Crespo, Presidenta de UNICEF España:"Ningunha crise xustifica a morte dun só neno por causas evitables"

Cada día 19.000 nenos menores de 5 anos morren por causas evitables. A desnutrición está detrás dun terzo destas mortes.

Mañá conmemórase o Día Universal do Neno, que cada ano recorda a firma da Convención sobre os Dereitos do Neno (1989). Neste aniversario, UNICEF España presta especial atención ao dereito á supervivencia e o desenvolvemento, un dos dereitos fundamentais da infancia que rexistrou avances notables como a redución da mortalidade infantil nun 41%, pero aínda morren 19.000 nenos ao día por causas que podemos impedir.

Para avanzar na loita pola supervivencia e o desenvolvemento, UNICEF España pon en marcha a campañaCumpledías co obxectivo de trasladar á opinión pública a gravidade da situación que viven millóns de nenos e facilitar ferramentas a través das cales calquera persoa pode contribuír a cambiar esa situación. "Ningunha crise xustifica a morte dun só neno por causas evitables" dixo hoxe a Presidenta de UNICEFEspaña, Consuelo Crespo, que presentou o informe O meu fillo xa non come area, un dos exemplos que demostran a eficacia da axuda. Durante a rolda de prensa, Consuelo Crespo incidiu en que o traballo pola supervivencia infantil "só é posible grazas ao compromiso da sociedade, grazas á axuda de todos: persoas, entidades privadas e organismos públicos". "Grazas por facelo, grazas por ter en conta aos que non teñen, nin na súa casa, nin no seu ámbito, a máis mínima oportunidade de saír adiante", engadiu. A desnutrición é causa directa ou indirecta dunha de cada tres mortes infantís. Non obstante, existen solucións para atallar este problema grave e urxente que bota estatísticas como estas:

        -        180 millóns de nenos sofren desnutrición crónica, un estado que mina para sempre o seu desenvolvemento físico e intelectual.  

-        20 millóns sofren desnutrición aguda severa, que sitúa os nenos en risco mortal.  

-        En África Subsahariana, ao redor dun millón de nenos morren ao ano por causas relacionadas coa desnutrición.  

UNICEF ten o obxectivo de lograr que estas mortes pasen a ser cero, e existen solucións pouco custosas que se están a aplicar, con resultados como estes:  

        -        En 1990 morreron por causas evitables 12,5 millóns de nenos, en 2011 esta cifra foi de 6,9 millóns.

-        Só noSahel, no que vai de ano conseguimos que máis de 576.000 nenos poidan ser tratados contra a desnutrición.  

-        Mauritania conseguiu reducir á metade a incidencia da desnutrición crónica.  

Poñer fin á desnutrición infantil no mundo custaría aos doadores 10.300 millóns de dólares ao ano. Neste momento, estase a destinar 15 veces menos desa cantidade. Intervención de  Consuelo Crespo en rolda de prensa :http://www.unicef.es/actualidad-documentacion/publicaciones/discurso-consuelo-crespo

 'O meu fillo xa non come area'  

Tomando o seu título dunha frase que repiten moitas nais en Mauritania, o informe O meu fillo xa non come area reflexa os resultados da axuda que chega a millóns de nenos, grazas a que o goberno mauritano situou a loita contra a desnutrición entre as súas prioridades e conta co apoio de organizacións internacionais como UNICEF. O informe demostra como funciona a axuda e pon sobre a mesa un modelo de cooperación que, no caso de Mauritania, se traduce en 87.000 nenos que se salvaron da desnutrición crónica. Mauritania conseguiu reducir a desnutrición crónica á metade e, aínda que un de cada catro menores de 5 anos segue sufríndoa, no resto de África este dato é dun de cada dous nenos. A estratexia de Mauritania para loitar contra a desnutrición infantil, situou este país na vangarda da loita contra a fame e en referente para outros países. España foi motor esencial deste avance, a través da Cooperación Española e da contribución de socios e doadores de UNICEFEspaña.  

Para ler o informe completo  :http://www.unicef.es/actualidad-documentacion/publicaciones/mi-hijo-ya-no-come-arena

‘Cumpledías’

"Non podemos virar as costas a un problema tan grave de supervivencia e desenvolvemento", sinalou Consuelo Crespo esta mañá. Para seguir facendo fronte á loita pola supervivencia infantil, UNICEF España presenta a campaña Cumpledías, que pon a disposición da sociedade información sobre a situación, as súas solucións e os seus resultados, así como fórmulas para contribuír a esas solucións.Cumpledías parte da base de que todos os nenos do mundo teñen dereito a cumprir anos pero en moitos lugares, a súa situación é tan precaria que cumprir días xa é un motivo de alegría pola supervivencia. Calquera persoa pode participar na campaña a través da webwww.cumpledias.com, onde se propoñen accións de difusión e opcións de doazón; ou enviando unSMS coa palabra UNICEF ao 28028 * *. Ata o momento,Cumpledías xa conta co apoio de medios de comunicación de toda España e máis de 300 empresas e entidades deportivas. Cada SMS enviado equivale ao custo dun día de tratamento contra a desnutrición aguda para un neno. O tratamento completo, o que saca un neno da desnutrición aguda, dura entre 4 e 6 semanas e custa uns 42 euros. Os fondos conseguidos conCumpledías serán destinados aos programas de supervivencia infantil de UNICEF nos países en desenvolvemento.  

Fotos,videos e anuncios da campaña dispoñibles en FTP:

 https://unicefweb.unicef.es/com/cumpledias

Usuario: Refcom

Contrasinal:  uce442087

Más información:

Dailo Allí, Xefe de Prensa de UNICEF España,

Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55

[email protected]