A cólera e a diarrea ameazan as vidas dos nenos do sur de Somalia

UNICEF e os seus aliados intensifican os seus traballos para apoiar 1,5 millóns de persoas contra estas enfermidades infecciosas

Debido ao aumento do número de casos confirmados de cólera en Mogadiscio, a capital de Somalia, e de diarrea acuosa aguda na cidade portuaria de Kismayo, se pondr unha resposta multisectorial urxente para frear o avance destas enfermidades.

O 75% dos casos de diarrea acuosa aguda, altamente infecciosa, rexístrase en nenos menores de cinco anos. As precarias condicións de saneamento que hai na zona, a falta de auga potable, a masificación e os altos niveis de desnutrición son a combinación perfecta para enfermidades infecciosas como a cólera e a pneumonía, que estenden e aumentan o número de falecementos. Confirmáronse casos de cólera nas rexións de Banadir, Bay,Mudug e Baixo Shabelle, e o número de casos de diarrea acuosa aguda aumentou dramaticamente nos últimos meses. Dende xaneiro deste ano, só no Hospital Benadir deMogadiscio rexistráronse 4.200 casos de diarrea acuosa aguda e cólera. De calquera modo, nestes momentos a maioría dos casos de cólera rexistrados en varias rexións están contidos e baixo control. "A nosa maior preocupación é monitorear e detectar novos brotes de enfermidades en moitos asentamentos informais establecidos para os desprazados internos que se encontran en Mogadiscio ou os seus arredores", dixo a doutoraMarthe Everard, Representante da Organización Mundial da Saúde (OMS) en Somalia. "Nos últimos anos, estableceuse unha rede de traballadores sanitarios que participan no sistema de alerta temperá informando a través de instalacións sanitarios ou clínicas móbiles. O gran número de desprazados en Mogadisciodificulta o rexistro de varias enfermidades".

"Necesitamos de xeito urxente clínicas móbiles para subministrar servizos sanitarios básicos aos desprazados e para fortalecer o sistema de detección de novos brotes. Este asunto é fundamental na nosa resposta e a nosa tarefa de salvar vidas", engadiu. A cólera é endémica en Somalia pero o último gran brote rexistrouse en 2007, afectando a 67.000 persoas. Nos últimos anos, os esforzos realizados por limpar con cloro as instalacións de auga enMogadiscio e para mellorar as instalacións de hixiene e saneamento previñeron un brote máis importante. Pero agora hai un gran corte de subministración de auga potable e falta de saneamento axeitado coa chegada de 100.000 persoas este ano a Mogasdicio, o que aumenta o número de desprazados na capital, que xa son 470.000, vivindo moitos deles en asentamentos masificados. "Non" debería acontecer "que un neno morra por unha diarrea, aínda que é a tráxica realidade para un neno somalí con desnutrición aguda. É unha combinación letal", asegura Rozanne Chorlton, Representante de UNICEF en Somalia. "Estes tipos de enfermidades son prevenibles e tratables rapidamente. Para salvar as vidas dos nenos estámonos a asegurar de que o acceso a auga potable, saneamento, hixiene e a coidados médicos forman parte integral da nosa resposta de emerxencia". Enviáronse a 13 hospitais kits de emerxencia contra enfermidades diarreicas compostos de subministracións médicas como xiringas, infusións e sales de rehidratación oral (SRO), almacenados por UNICEF e a OMS.

Ademais, estase a intensificar a xestión dos casos de deshidratación severa con e sen desnutrición, e a atención céntrase agora na mobilización dunha rede de promotores comunitarios de saúde que van difundindo porta a porta mensaxes de sensibilización sobre saúde e hixiene. Finalmente, estase a abastecer aos postos de saúde de medicamentos esenciais e sales de rehidratación oral. Moitas das áreas rurais e urbanas do sur de Somalia subsisten grazas a pozos pouco profundos, o que pode ser un caldo de cultivo para as enfermidades transmitidas pola auga, a non ser que estean protexidos ou tratados con cloro. As organizacións aliadas en sectores como a auga, saneamento e hixiene están a intensificar os seus traballos para chegar a 1,5 millóns de persoas en zonas de alto risco do sur. Para iso estanse a distribuír subministracións de cloro, artigos esenciais de hixiene, tratamentos para as familias e materiais para o almacenamento de auga. Xa están a ser tratadas con cloro 217 fontes de auga, e 58 puntos de toma de auga que están a beneficiar a 483.200 persoas en Mogadiscio, entre as que se encontran desprazados internos. Ademais, estanse a repartir nos centros de alimentación para nenos desnutrir artigos domésticos de hixiene, incluíndo comprimidos potabilizadoras de auga, xabón e cubos para 48.000 familias. Por outra parte, reforzaranse as campañas para sensibilizar as familias de comunidades con alto risco sobre o tratamento de auga potable, a eliminación segura de residuos e o lavado de mans. Como parte da actualización da petición consolidada de fondos daONU para Somalia en 2011, estímase que aínda son necesarios 80 millóns de dólares (55,80 millóns de euros) para atender as necesidades sanitarias e outros 78 millóns de dólares (54,42 millóns de euros) para a atención en materia de auga, saneamento e hixiene. Ata agora só se recibiu o 30% e 37%, respectivamente, para cada sector.

 

Nota para xornalistas:


A cólera é unha infección diarreica aguda causada pola inxestión de alimentos ou auga contaminados coa bacteriaVibrio cholerae. Estímase que cada ano se detectan entre tres e cinco millóns de casos de cólera en todo o mundo, producindo entre 100.000 e 120.000 mortes. O curto período de incubación da enfermidade, de dúas horas a cinco días, provoca unha rápida expansión dos brotes. A cólera é unha enfermidade extremadamente virulenta. Afecta tanto a nenos coma a adultos e pode matar en cuestión de horas. Arredor do 75% das persoas infectadas co virus non desenvolven ningún síntoma, aínda que as bacterias están presentes nas feces entre 7 e 14 días despois da infección e rematan no medio, podendo infectar outras persoas. Entre as persoas que desenvolven algún síntoma, o 80% son leves ou moderados, mentres que arredor do 20% desenvolven unha diarrea acuosa aguda con deshidratación grave. Isto pode provocar a morte se non se trata. As persoas con baixa inmunidade - como os nenos desnutridos ou as persoas que padecen VIH/SIDA - teñen un risco maior de morte se están infectados. A transmisión da cólera está estreitamente relacionada cunha xestión inadecuada do medio. A enfermidade é común en zonas de risco como os barrios dos arredores sen infraestruturas básicas, así como en campamentos de desprazados internos ou refuxiados, onde non hai acceso mínimo a auga potable e saneamento. A cólera é unha enfermidade doadamente tratable. Ata o 80% das persoas poden ser tratadas con éxito se reciben con rapidez sales de rehidratación oral.  

 

Doazóns para a emerxencia nutricional no Corno de África:

Teléfono: 902 31 41 31

Web: www.unicef.es

SMS: Envía a palabra SOMALIAal 28028 **

Contas correntes:

BBVA(0182-2370-40-0208517159)

BANESTO(0030-8301-77-0000304271)

SANTANDER(0049-1804-16-2610410756)

ING(1465-0100-95-6000000000)

BANKIA(2038-1043-19-6000877505)

LA CAIXA(2100-5731-70-0200005001)

POPULAR(0075-0001-87-0606914075)

BANKINTER(0128-9404-02-0100010592)

BARCLAYS(0065-0100-15-0001581749)

Para descargar videos e fotos:

https://unicefweb.unicef.es/com/cuernodeafrica

Usuario: Refcom

Contrasinal:  uce442087

Más información:

 

Dailo Allí

Xefe de Prensa de UNICEF España, Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55

E-mail: [email protected]