Chegan subministracións vitais de auga, saneamento e hixiene aos nenos afectados polo ciclón Pam

Unha semana despois de que o ciclón tropical Pam, de categoría 5, golpease as Illas do Pacífico, as necesidades máis inmediatas dos 60.000 nenos afectados son o acceso á auga, saneamento e hixiene. Segundo os informes iniciais o 60% da poboación de dúas das seis provincias de Vanuatu máis afectados, Shefa e Tafea, non ten acceso a auga potable. Actualmente estase a recoller e analiza información nas áreas afectadas.

UNICEF, en estreita colaboración co goberno de Vanuatu e os aliados no sector de Auga e Saneamento, estivo a traballar entre os desafíos loxísticos, de comunicación e de subministración para distribuír auga potable mediante a provisión de colectores de auga, pastillas purificadoras e xabón ás comunidades e centros de evacuación das provincias de Shefa e Tafea.

"Miles de familias afectadas non teñen acceso a auga debido á falta de electricidade para que funcione a subministración de auga por canalizacións, as augas subterráneas contaminadas e a destrución das infraestruturas para recoller a auga de chuvia", dixo a Representante de UNICEF Pacífico, Karen Allen. "Para nós é fundamental poder proporcionar auga potable aos nenos vulnerables e as súas familias. A auga é un recurso vital para os nenos neste momento difícil e estamos a facer todo o que podemos para responder a esta necesidade urxente".

Segundo UNICEF, xunto co alimento e o refuxio, a auga potable, o saneamento e a hixiene son as prioridades máis importantes nas intervencións en situacións de emerxencia. Se non se proporcionan rapidamente uns servizos axeitados de auga e saneamento aos nenos e as súas familias, a continuación chega a enfermidade e a morte. Se as persoas afectadas non manteñen unha boa hixiene de xeito regular, o risco de diarrea, cólera e outros brotes de enfermidades continúa.

Como líder global do sector de auga e saneamento, UNICEF
 está a dar apoio ao Departamento de Xeoloxía, Minas e Recursos Hídricos con avaliacións no terreo, priorización de necesidades humanitarias, distribución de subministracións, reconexión de servizos en centros de evacuación e comunidades, e a coordinación total da resposta.

Como resposta inmediata, UNICEF entregou subministracións de auga e saneamento para 2.000 familias ao goberno provincial de Tanna. Están a ser distribuídos para beneficiar a máis de 5.000 nenos. As subministracións inclúen colectores de auga, pastillas purificadoras e pastillas de xabón, que son produtos esenciais para evitar o brote de enfermidades que se transmiten, a través da auga.

Máis artigos de auga e saneamento están preparados para ser enviados dende Fiyi. Subministracións por valor de aproximadamente 700.000 dólares (uns 655.500 euros) para unhas 70.000 persoas están xa preparadas e serán enviadas por avión dende o almacén de subministracións de UNICEF en Copenhaguen. UNICEF tamén dará
apoio aos aliados de auga e saneamento con xeradores, combustible e transporte de auga.

A medio prazo, a reparación dos servizos de auga e saneamento nos espazos de aprendizaxe temporais será unha prioridade, xa que moitas escolas foron destruídas, incluíndo os servizos e os puntos de acceso a auga.

Para descargar fotos e vídeos (por favor incluir crédito UNICEF):

Novas fotos:

http://uni.cf/1Eh6Z8J

Vídeos, incluíndo entrevistas con superviventes:

http://uni.cf/1Eh6Z8J

Canal de YouTube de UNICEF Pacífico: https://www.youtube.com/playlist?list=PLKIZuPp2cWuWygdPD48tu039JdFfjKCdJ

Para contribuir ao traballo de UNICEF nesta emerxencia:

https://www.unicef.es/cooperacion-internacional/donar-ong/hacer-donacion/fondo-de-emergencias

Por teléfono: 902 31 41 31 (luns a venres de 9 a 22 h, sábados de 11 a 17 h.)

Más información:

Alice Clements (Vanuatu), Tel: +678 546 7132, [email protected]

Donna Hoerder (Suva, Fiyi), Tel: +679 3236 100 [email protected]

Andrew Brown (Bangkok), Tel: + 66 2 356 9407 [email protected]

Rose Foley (New York), Tel: +12123037987 [email protected]

Belén de Vicente (UNICEF España), Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55 [email protected]

Acerca de UNICEF

UNICEF promove os dereitos e o benestar de todos os nenos e nenas en todo o que facemos. Xunto aos nosos aliados, traballamos en 190 países e territorios para transformar este compromiso en accións prácticas, centrando especialmente os nosos esforzos en chegar aos nenos máis vulnerables e excluídos para o beneficio de todos os nenos, en todas as partes.