Case 1 millón de nenos necesita axuda humanitaria urxente despois do terremoto de Nepal

Polo menos 940.000 nenos que viven en áreas gravemente afectadas polo terremoto de onte en Nepal necesitan axuda humanitaria de xeito urxente, segundo UNICEF. O terremoto do 25 de abril, de magnitude 7,9, e as preto de 60 réplicas, causaron unha enorme devastación en gran parte do país, incluíndo máis de 2.000 mortes e a destrución xeneralizada de edificios.

" Máis de 30 horas despois do terremoto, estoume a decatar pouco a pouco do enorme impacto que terá na xente e os nenos de Nepal. Tantas vidas perdidas, tantas casas destruídas e un dano irreparable a lugares patrimonio da humanidade. Esta mañá fun a Bakhtapur, as estradas están rotas e todo o mundo estaba polas rúas mostrando a súa solidariedade e axudando aos demais. Houbo máis de 60 réplicas, algunhas delas de 6,7 na escala de Richter. Non hai saqueos, algunhas persoas mesmo están a cantar. É duro, moi duro, seguir adiante, pero se que o pobo de Nepal o fará", declarou Karin Hulshof, directora rexional de UNICEF para Asia Meridional.

Houbo informes sobre a limitación de subministracións de auga e alimentos, cortes de electricidade e redes de comunicación caídas. Centos de miles de persoas pasaron a noite en espazos abertos, por temor a novos tremores. Agora infórmase tamén de fortes chuvias que poden empeorar aínda máis as condicións. Esta crise deixa aos nenos particularmente vulnerables, o acceso limitado a auga potable e saneamento poñerá os nenos en risco de contraer enfermidades que se transmiten pola auga, mentres que algúns nenos puideron quedar separados das súas familias.

UNICEF está a mobilizar persoal e subministracións de emerxencia para afrontar as necesidades humanitarias urxentes dos nenos afectados polo terremoto, centradas en auga e saneamento, nutrición, educación e protección infantil. UNICEF está tamén apoiando a repartición de auga con camións cisterna e a provisión de sales de rehidratación oral e suplementos de cinc para as persoas agrupadas en asentamentos informais, e proporcionando tendas de campaña para instalacións médicas, usando subministracións posicionadas con anterioridade no país.

UNICEF está tamén a preparar d
ous voos con 120 toneladas de artigos humanitarios que inclúen subministracións médicas e para hospitais, tendas de campaña e mantas, para o seu traslado urxente a Katmandu.

Para acceder a vídeos e fotos: http://uni.cf/1HH6SbO

Para máis información e contribuir ao traballo de UNICEF nesta emerxencia:

Facendo un donativo na nosa web

Enviando un SMS coa palabra UNICEF ao 38080

1 SMS = 4 euros (non esquezas confirmar)*

*IMPORTE DO SERVICIO SMS SOLIDARIO 4€ ÍNTEGRO PARA UNICEF.  Servizo de SMS para a recadación en campaña solidaria. O usuario debe responder SI ao sms de confirmación para realizar a doazón. Válido para MovistarVodafoneOrange eAmena. Operador titular do número: UNICEF España. c/ Mauricio Legendre, 36. 28046 Madrid. N.Atn. clte:902228028, [email protected]. Información legal e protección de datos: www.unicef.eswww.unicef.es

Más información:

Rupa Joshi, UNICEF Nepal, [email protected]      

Chris Tidey, +1 917 909 9542, [email protected]

Rose Foley, UNICEF New York, +1917 340 2582, [email protected]

Belén de Vicente, UNICEF España, 609 160 051 / 91 378 95 55, [email protected]