A caída da escolarización de nenos sirios é a 'peor e máis rápida na historia da rexión'

A caída do número de nenos sirios escolarizados foi a máis grave e rápida na historia da rexión, segundo un novo informe publicado hoxe.

"A educación Interrompida" destaca que dende 2011 case 3 millóns de nenos de Sirya se viron obrigados a abandonar os seus estudos debido a que os enfrontamentos destruíron as súas aulas, a que os nenos teñen medo de ir á escola, ou porque as familias fuxiron do país. Os progresos realizados nas últimas décadas perdéronse en menos de tres anos. O documento é o primeiro en cuantificar a magnitude da caída da escolarización nun país onde a taxa de asistencia escolar primaria se situaba nun 97% antes de que comezase o conflito en 2011. Máis de 1.000 días de sanguento combate en Sirya provocaron que millóns de nenos perdan a súa educación, as súas escolas e os seus mestres. No mellor dos casos, os nenos terán acceso a educación de xeito esporádico. No peor, abandonarán a escola e veranse obrigados a traballar para manter as súas familias. Dentro de Sirya, 1 de cada 5 escolas non se poden utilizar debido a que foron danadas, destruídas ou están a ser utilizadas como refuxio polos desprazados internos, sinala o documento. Nos países que acollen refuxiados sirios, entre 500.000 e 600.000 nenos refuxiados sirios non poden ir á escola. As zonas máis afectadas dentro de Sirya son aquelas afectadas pola violencia, como A-Raqqa, Idlib,Aleppo, Deir Ezzour, Hama, Dera'a e as zonas rurais de Damasco. Nalgunhas destas áreas as taxas de asistencia á escola derrubáronse ata un 6%. Sirya tiña un dos maiores niveis de escolarización antes do conflito, non obstante, en menos de tres anos produciuse un forte retroceso en acceso á educación provocando consecuencias nefastas para o futuro. O documento detalla algúns dos factores que contribuíron ao rápido baleirado das aulas.

Dentro de Sirya, o agravamento da violencia, o gran desprazamento da poboación, o asasinato e fuga de profesores e a destrución e mala utilización das escolas fixeron que sexa máis difícil a aprendizaxe dos nenos. Moitos pais aseguran que non teñen máis opción que manter aos seus fillos na casa sen arriscarse a envialos á escola. Nos países veciños, os diferentes idiomas e dialectos, os diferentes plans de estudo, os limitados ou inexistentes espazos de aprendizaxe, a inseguridade, a pobreza e as tensións da comunidade están a separar os nenos das escolas. Mentres tanto, os nenos e mestres das comunidades de acollida enfróntanse a aulas superpoboadas e ao aumento da presión sobre os sistemas educativos. O documento tamén establece accións críticas que, se se levan a cabo agora, poderían reverter a situación. Estas inclúen:

  • Protección das infraestruturas educativas dentro de Sirya, incluíndo poñer fin ao uso das escolas con fins militares, declarando as escolas como zonas de paz, e controlar as partes en conflito que violan a protección das escolas.
  • Duplicar o investimento internacional nos sistemas educativos dos países de acollida para ampliar e mellorar os espazos de aprendizaxe, contratar máis mestres e reducir os custos de escolarización.
  • Enfoques innovadores para superar as necesidades de educación dos nenos refuxiados sirios a través de certificados transferibles para estudantes refuxiados.
  • Ampliación dos modelos probados, como a aprendizaxe no fogar, centros de aprendizaxe non formais e espazos amigos da infancia que proporcionan apoio psicosocial aos nenos

Más información:

Dailo Alli, UNICEF España, +34 609 160 051 [email protected]

Juliette Touma, UNICEF, +962 79 867 4628, [email protected]

Marixie Mercado, UNICEF,+41 22 909 5716; Mobile +41 79 756 7703, [email protected]