Brote de Ébola: UNICEF segue enviando subministracións esenciais para protexer as familias e os traballadores sanitarios

Máis de 48 toneladas de material e medicamentos aterran en Serra Leoa, como parte do envío aéreo de 402 toneladas de subministracións para os países afectados polo ébola

Un avión de carga con subministracións médicas de UNICEF, incluíndo material de protección e medicinas esenciais, acaba de aterrar en Serra Leoa. Forma parte do esforzo continuado que UNICEF está a levar a cabo para facer fronte ao brote de ébola en África Occidental.

As 48 toneladas métricas de subministracións, que inclúen luvas de látex bolsas para cadáveres, tubos intravenosos, antibióticos e outras medicinas esenciais, e traxes de protección para os traballadores sanitarios, entregaranse aos equipos sanitarios, incluídos os do Ministerio de Saúde e as Organizacións no (ONG) que traballan para conter o brote. Con este último envío aéreo, a cantidade total de artigos de primeira necesidade que entregou UNICEF nos tres países máis afectados poloébola alcanzan as 402 toneladas métricas. En total, realizáronse 32 envíos dende principios de agosto. Do total, 70.6 toneladas entregáronse en Guinea, 213.8 toneladas s en Liberia e 117.7 toneladas en Serra Leoa. Encabezando a lista de materiais están os equipos de protección, como luvas de látex e máscaras para o persoal sanitario, desinfectante de cloro concentrado, antibióticas, medicamentos para aliviar a dor, soros para aplicar vía intravenosa e equipos. A próxima semana, UNICEF comezará o envío a Liberia de 50.000 kits de protección para os fogares. Os kits están deseñados para as familias que coidan os seus familiares enfermos e conteñen unha serie de elementos de protección, como aerosois, cloro, luvas e bolsas de lixo. Espérase que os envíos aéreos de emerxencia continúen mentres se está a establecer unha pasarela para levar subministracións a estes países tamén por vía marítima. Coa grave interrupción dos servizos sanitarios, a interrupción do curso escolar e o número desproporcionadamente alto de infeccións entre as mulleres, UNICEF teme que o impacto do brote actual nos 4,5 millóns de nenos que viven en zonas afectadas polo ébola vaia moito máis alá e non se poida controlar o virus.

UNICEF traballa sobre o terreo cos líderes comunitarios e relixiosos, organizacións de mozos e doutros tipos para loitar contra os conceptos erróneos estendidos acerca da enfermidade e mellorar as prácticas de hixiene. UNICEF está tamén a dar servizos de auga e saneamento ás comunidades afectadas, en particular a través do abastecemento de auga, saneamento e hixiene de equipos e subministracións-, así como unha formación axeitada para a saúde e os aliados médicos.

 Descarga de contidos multimedia en:

http://weshare.unicef.org/mediaresources

Fotografías dispoñibles en: http://uni.cf/1xZAb39

Más información:

Joan Howe, UNICEF Supply Division, Copenhagen, [email protected], +45 45 33 57 27 (office), +45 29 65 71 94 (mobile)

 Issa A. Davies, UNICEF Sierra Leone, [email protected], + 232 783 68 975

Laurent Duvillier, UNICEF Dakar, [email protected], +221 777 403 577

Najwa Mekki, UNICEF New York, [email protected], +1 917 209 1804

Christophe Boulierac, Geneva, [email protected], + 41 799 639 244

 Dirección de Comunicación UNICEF España. Tel: 609 160 051 [email protected]