Brote de Cólera en Iemen

UNICEF apoia os centros de saúde en Iemen para responder o brote de Cólera declarado no país

As autoridades sanitarias de Iemen confirmaron onte xoves 6 de outubro, un brote de Cólera. Dada a vulnerabilidade en que se atopa o sistema sanitario do país, este brote representa un risco elevado para a saúde da poboación, especialmente dos nenos. 

"Este brote súmase á miseria de millóns de nenos en Iemen. Estamos a apoiar aos centros de saúde para previr e tratar os casos de cólera, e continuaremos traballando cos nosos aliados para aumentar a resposta e deter esta perigosa enfermidade", afirmaba o representante de UNICEF en Iemen, Julien Harneis.
 
As autoridades sanitarias anunciaron a confirmación de casos de cólera na capital, Saná, mentres que se sospeita que podería haber outros casos na cidade de Taiz, ao suroeste do país. UNICEF e os seus aliados están a traballar para determinar a magnitude concreta do brote. Se non se tratan, os casos severos de cólera poden matar ao 15% da poboación afectada en só unas poucas horas. 
 
"Os nenos enfrontan un risco particularmente alto se o actual brote de cólera non se contén de forma inmediata, máis aínda desde o enfraquecemento do sistema de saúde en Iemen debido ao conflito actual", engadía Julien Harneis. "Facemos un chamamento a todos os nosos doantes para apoiar as infraestruturas sanitarias en Iemen, para que os civís que estean en necesidade poidan recibir asistencia médica."
 
UNICEF en alianza coa Organización Mundial da Saúde, está a apoiar a resposta ao brote distribuíndo e garantindo as subministracións de auga potable e de kits para o seu potabilización.   
 
UNICEF ha pre situados 57 kits para tratar enfermidades diarreicas que inclúen medicamentos e sales de rehidratación oral suficientes como para tratar 100 casos severos de cólera ou 400 casos moderados. Ademais, UNICEF conta con 20.000 kits de hixiene con xabón, toallas, champú e deterxente en po, listos para ser distribuídos.
 
UNICEF está a proporcionar información á poboación sobre como previr o cólera mediante o uso de auga potable de fontes seguras, o tratamento das augas almacenadas en casa, o mantemento dunha boa hixiene e unha contorna limpa e buscando asistencia sanitaria no momento no que calquera membro da familia teña diarrea ou desenvolver calquera outro síntoma. 

Acerca de UNICEF

UNICEF promove os dereitos e o benestar de todos os nenos e nenas en todo o que facemos. Xunto aos nosos aliados, traballamos en 190 países e territorios para transformar este compromiso en accións prácticas, centrando especialmente os nosos esforzos en chegar aos nenos máis vulnerables e excluídos para o beneficio de todos os nenos, en todas partes.  

Más información:

Para máis información:

Belén de Vicente

UNICEF España, Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55

E-mail: comunicacion@unicef.es