Axencias de Nacións Unidas advirten de que a epidemia de cólera se estende por África Occidental

A taxa de mortalidade é especialmente elevada nalgúns países da rexión

A Organización Mundial da Saúde (OMS) e UNICEF advertiron hoxe de que a actual emerxencia por cólera en África Occidental pode empeorar moito máis polas chuvias e inundacións, que crean as condicións propicias para a rápida propagación da enfermidade.

Neste ano xa se detectaron 55.289 casos de cólera en 15 países e unhas 1.109 persoas morreron. A enfermidade estase a estender rapidamente polos países da conca do Río Man (Guinea, Liberia e Serra Leoa), ao longo do río Congo -afectando á poboación da República do Congo e da República Democrática do Congo- e o oeste de Níxer. A cifra de novos casos de cólera aumentou este ano nalgúns dos países máis afectados polas chuvias torrenciais que inundaron os barrios máis vulnerables nalgúns centros urbanos. O número de casos detectados este ano en África Occidental e Central está un 34% por enriba do mesmo período de 2011, marcando unha tendencia de empeoramento, xa que se prevén moitos casos máis debido á tempada de chuvias. As taxas de mortalidade na rexión roldan o 8%, unha cifra que é inaceptablemente alta. "É necesario actuar de xeito urxente en áreas críticas para deter a propagación desta enfermidade ", dixo o Director Rexional para África da OMS, Luis Sambo. "Os gobernos teñen que declarar a emerxencia con rapidez para poder dispoñer do apoio técnico, e outros tipos de apoio, dos aliados. Igual de fundamental é mellorar a vixilancia e a colaboración transfronteiriza entre as autoridades sanitarias. "  

A cólera é unha enfermidade ocasionada por un saneamento deficiente e pódese contraer ao comer alimentos ou beber líquidos contaminados. A falta de de recursos sanitarios axeitados pode provocar que o tratamento se administre tarde ou de xeito inadecuado. A enfermidade vai a miúdo asociada aos sectores de poboación máis pobres e máis vulnerables, xa que son os que teñen maiores dificultades de acceso a servizos como latrinas ou subministración de auga limpa. Os equipos da OMS nos países afectados traballan cos gobernos para asegurar unha resposta eficaz, mentres que UNICEF está a subministrar equipamento, cloro e medicamentos. "As medidas de saúde pública deben converterse en algo moito máis prioritario para os gobernos", dixo Manuel Fontaine, Director interino de UNICEF en África Occidental e Central. "Estamos a ver como os nenos e as súas familias son presa dunha enfermidade que é evitable. A OMS, os gobernos e axencias como a nosa, estamos a levar a cabo unha resposta de emerxencia. Pero necesitamos lograr que cando unha nai dea de beber o seu fillo non teña que preocuparse se iso lle matará. "  

Más información:

Oficina Rexional de UNICEF para África Central e Occidental, Dakar, Senegal
Martin Dawes [email protected] - Móvil +221 77 569 19 26
Laurent Duvillier [email protected] Móvil +221 77 740 35 77
Dailo Allí, UNICEF España [email protected] Móvil +34 609 160 051


Oficina Rexional da OMS para África, Brazzaville, Congo
Dr Benido Impouma: Móvil +242066605880 [email protected]
Dr Zabulon Yoti: Móvil +242068251838 [email protected]
Samuel Ajibola Móvil + 242066537022 [email protected]