Aumenta o número de mulleres e nenos que chegan á antiga República Iugoslava de Macedonia e a Serbia buscando refuxio en Europa

A cifra de mulleres e nenos que atravesan a antiga República Iugoslava de Macedonia e Serbia en busca de refuxio en Europa segue aumentando. Entre o 1 e o 6 de setembro preto de 10.000 persoas, das que aproximadamente o 40% son mulleres e nenos, rexistráronse tras cruzar á antiga República Iugoslava de Macedonia por Gevgelija procedentes de Grecia. No mesmo período tamén se rexistraron máis de 7.720 persoas que cruzaron a Serbia a través de Presevo.

É probable que o número de mulleres e nenos que chegaron aos centros de recepción de ambos os dous países duplique as cifras oficiais, xa que moitas familias seguen a súa viaxe sen rexistrarse oficialmente.

Dende o mes de xuño, máis de 64.000 persoas rexistráronse no centro de recepción de Gevgelija, na antiga República Iugoslava de Macedonia, mentres que 89.161 persoas que expresaron a súa intención de solicitar asilo se inscribiron en Serbia no mesmo período.

Os refuxiados que entraron en Serbia e rexistraron a súa petición de asilo teñen 72 horas para completar o proceso. A maioría deles continúa a súa travesía en autobús cara ao norte para chegar á capital, Belgrado, continuar ata Hungría e finalmente chegar aos países do oeste ou norte de Europa. Moitos están a fuxir da violencia en Sirya, Afganistán e Iraq.

UNICEF e os seus aliados seguen ampliando a súa resposta humanitaria nos centros de recepción dos dous países. En GevgelijaUNICEF abordou rapidamente as necesidades inmediatas das mulleres e nenos, proporcionándolles auga e alimentos axeitados a nenos de diferentes idades, así como xoguetes. Tamén estableceu varios espazos amigos da infancia, onde máis de 50 nenos á vez poden xogar e recibir apoio psicosocial, e as mulleres poden descansar e coidar os seus bebés. Estanse a instalar tres bidóns pregables con capacidade para almacenar 10.000 litros de auga potable e para o aseo.

No lado serbio da fronteira en PresevoUNICEF puxo en marcha un espazo amigo da infancia equipado con materiais educativos e xoguetes. Tamén ofrece actividades recreativas e educativas, que son boas para o benestar físico e emocional dos nenos que chegaron a Serbia. Os seus pais recibirán pronto asesoramento básico relacionado con nutrición e saúde infantil, hixiene e temas de seguridade. Ademais vanse abrir máis espazos amigos da infancia en Belgrado e Kanjiza, preto da fronteira con Hungría, para refuxiados e emigrantes que se moven a través de Serbia.


UNICEF en Serbia estivo a apoiar as autoridades sanitarias para definir unhas directrices sobre alimentación para bebés e nenos e elaborar información para nais lactantes. UNICEF podería dar máis apoio sobre alimentación infantil, hixiene e saneamento, se fose necesario.

Para acceder a vídeos e fotos:

ftp://video.unicef.es/crisis_mediterraneo

Usuario:        Refcom

Contrasinal:   uce442087

Para apoiar aos nenos sirios: www.unicef.es/siria

Más información:

Christophe Boulierac, UNICEF Xenebra, +41 799 639 244, [email protected]

Kristen Elsby, UNICEF Xenebra, +41 79 938 82 72, [email protected]

Christopher Tidey, UNICEF Skopje, +41 79 204 2345, +389 70 729 136, [email protected]

Belén de Vicente UNICEF España, 609 160 051 / 91 378 95 55, [email protected]