Ana Duato presenta a reportaxe 'Haití en construción'

A actriz e Embaixadora de UNICEF España conta, baixo a dirección de Antonio Cano, a situación dos haitianos dende o terremoto de 2010. Producido por Ganga Producións para UNICEF España e a Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AECID), a reportaxe será emitida na canle internacional de TVE, en La 2 e www.rtve.es ás 23.00 horas do próximo domingo, 20 de novembro, Día Universal do Neno.

Ana Duato presentou esta tarde en Casa América o documental Haití, en construción, no que a actriz e Embaixadora de UNICEF España conta, despois de dúas viaxes nos que conviviu coa realidade dos haitianos, os efectos do terremoto e a evolución do traballo de recuperación e reconstrución que se está a levar a cabo a través da cooperación de organismos públicos de Haití, axencias de Nacións Unidas como UNICEF e a achega de países como España que ademais dunha resposta inmediata de acción humanitaria, se converteu no terceiro doador bilateral para a reconstrución de Haití, cunha cantidade comprometida de 346 millóns de euros a investir entre 2010-2013.

 
A reportaxe, dirixida por Antonio Cano, é o resultado de dúas viaxes a Haití, en abril de 2010 o primeiro deles, coincidindo coa reapertura das escolas; e en abril de 2011 o segundo, cando pasara un prazo de tempo no que se podían observar avances na reconstrución da vida dos haitianos.Ana Duato referiuse ao documental sinalando que "intentamos contar unha historia dende dentro, dende o corazón dos haitianos e dos profesionais que traballan con eles para reconstruír o seu país". A Embaixadora de UNICEF España quixo mostrar o seu agradecemento a "todas as persoas que traballan día a día en Haití para a reconstrución e o desenvolvemento do país e aos haitianos, que me abriron as portas das súas casas e das súas tendas nos campos de desprazados. " A actriz conviviu en Haití con familias e nenos en campos de desprazados, en escolas, hospitais, centros residenciais e na rúa. Do seu contacto coas persoas e coa realidade do país nace esta reportaxe, que pretende que non se nos esqueza Haití, que descubramos a capacidade e fortaleza dos haitianos para a súa recuperación e que coñezamos para que serve a axuda que chega a Haití. Na preestrea tamén participaron o Embaixador en Misión Especial para a Reconstrución de Haití, Arturo Reig, a Embaixadora de Haití en España, Yolette Azor-Charles e a Presidenta deUNICEF España, Consuelo Crespo. Todos coincidiron en sinalar a importancia de manter o apoio aos haitianos para a reconstrución do seu país.

 
Dende o terremoto

O 12 de xaneiro de 2010 ás 16.53 da tarde un terremoto azoutou Haití deixando un rastro de tres millóns de afectados, 1.5 millóns de persoas sen fogar e 300.000 feridos. O Fondo de Nacións Unidas para a Infancia,UNICEF, que xa traballaba en programas de desenvolvemento en Haití antes do terremoto, centrou os seus esforzos na resposta á emerxencia para paliar as súas consecuencias sobre os máis de 4 millóns de nenos haitianos e as súas familias. A sociedade española e o goberno, a través da AECID, envorcáronse coa axuda aos haitianos. Tras a primeira resposta para atender as necesidades máis urxentes, o compromiso do Goberno español estendeuse a un período de catro anos por unha cantidade que supera os trescentos millóns de euros e unha cooperación prioritariamente orientada a auga potable e saneamento e proxectos de educación. Xunto á cooperación gobernamental que representa a AECID cabe destacar tamén o compromiso da sociedade civil: unhas 30 ONGD españolas traballan na reconstrución de Haití, 11 delas con delegación sobre o terreo. Grazas ao apoio de España e doutros países, en Haití conseguíronse logros invisibles como as miles de mortes que se evitaron a través de programas de saúde e nutrición, de auga e saneamento e de prevención e tratamento da cólera. Outros logros invisibles teñen que ver coa protección infantil, como os máis de 2.000 nenos que estaban sós tras o terremoto e que agora encontraron as súas familias. E conseguíronse avances visibles como a construción de vivendas e escolas semipermanentes con resistencia a sismos.  
 
 
 
Para descargar fotos e videos da dobre visita de Ana Duato a Haití:
https://unicefweb.unicef.es/com/anaduato
Usuario:   Refcom
Contrasinal:  uce442087

Más información:

Dailo Allí
Xefe de Prensa de UNICEF España, Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55
E-mail: [email protected]