3 nenos liberados de grupos armados en República Centroafricana

Dende maio de 2013, UNICEF e os seus aliados lograron a liberación de 229 nenos vinculados a forzas e grupos armados no país

Vinte e tres nenos de entre 14 e 17 anos foron liberados o xoves de grupos armados en Bangui, e hai moitos máis identificados para a súa liberación nos próximos días. Os nenos liberados onte, dos cales seis son nenas, foron levados dunha base militar a un Centro de Tránsito e Orientación apoiado por UNICEF.

A liberación destes nenos é resultado das negociacións entre os representantes da ONU e as autoridades de transición para permitir o acceso a todas as bases militares do país e para que os nenos que se encontran alistados nas antigas forzas nacionais/Selekapoidan ser liberados polos responsables da protección da infancia. "Os novos enfrontamentos producidos en setembro e decembro de 2013 aumentaron o risco de que os nenos sexan recrutados", dixoSouleymane Diabaté, Representante deUNICEF na República Centroafricana. "A violencia e a inseguridade fai que os nenos sexan máis vulnerables ao recrutamento, sobre todo se están separados das súas familias, desprazados dos seus fogares ou teñen acceso limitado a servizos básicos e educación. Ás veces esa dor pola perda dos pais ou irmáns tamén é utilizada na súa contra". Este último ano de crise crónica en RCA converteuse nunha complexa emerxencia que esixe protección humanitaria, xa que ten consecuencias dramáticas para os nenos. Cre que o número de nenos recrutados aumentou considerablemente debido ao aumento dos enfrontamentos e o xurdimento de grupos de autodefensa, como o anti-balaka. Aínda que as inestables condicións de seguridade fan que sexa extremadamente difícil que os responsables de protexer os nenos poidan verificar o número exacto, UNICEF calcula que o número actual podería chegar a 6.000. "Non hai lugar para os nenos nos conflitos armados e estamos moi animados por esta colaboración coas autoridades de transición para devolver aos nenos a súa infancia", dixo Diabaté. En Bangui e en todo o país, UNICEF está a traballar con todas as partes no conflito para verificar, liberar e reunir os nenos coas súas familias. Anímanos esta colaboración coas autoridades de transición e seguimos traballando con todas as partes para a liberación de todos os nenos á maior brevidade".

Os 23 nenos encóntranse agora nun Centro de Tránsito e Orientación apoiado por UNICEF no que se proporciona educación básica, actividades deportivas, formación profesional e habilidades para a vida cotiá, ademais de apoio psicosocial que reciben mentres se busca as súas familias e se prepara a reintegración nas súas comunidades. Dende maio de 2013, UNICEF e os seus aliados lograron a liberación de 229 nenos vinculados a forzas e grupos armados na República Centroafricana.

Más información:

Dailo Allí

Xefe de Prensa de UNICEF España, Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55

E-mail: [email protected]