20 cidades celebran o Día da Auga con UNICEF

884 millóns de persoas aínda non teñen acceso a auga potable, e case o 39% da poboación mundial, é dicir, máis de 2.600 millóns de persoas, carece de servizos de saneamento axeitados, segundo datos de UNICEF e a Organización Mundial da Saúde (OMS).

Madrid. En países en desenvolvemento, o 50% da poboación non ten acceso a un abastecemento axeitado de auga e a saneamento. A auga contaminada, o saneamento inadecuado e as condicións de hixiene deficientes non só afectan a saúde, a seguridade e a calidade de vida dos nenos, senón que cada ano causan a morte de 1,5 millóns de nenos menores de cinco anos debido a enfermidades diarreicas. Ademais, a falta de auga potable e o saneamento ambiental nas escolas afecta a aprendizaxe e a vida dos nenos e nenas. Mediante a instalación de servizos apropiados de auga, saneamento e hixiene nas escolas pódense reducir tanto os casos de enfermidades relacionadas coa hixiene coma o absentismo escolar debido á diarrea, que na actualidade chega a 272 millóns de días escolares por ano.UNICEF traballa en máis de 90 países de todo o mundo para mellorar o abastecemento de auga e as instalacións de saneamento nas escolas e as comunidades e para promover prácticas seguras de hixiene. UNICEF é o organismo de emerxencia á cabeza no sector de auga, saneamento e hixiene. No marco do programa de educación para o desenvolvementoEnrédate, UNICEF España organizou carreiras da auga en distintos puntos de España, dentro da campaña de mobilización escolar Gotas para Níxer. Esta semana celebraranse carreiras solidarias en Galicia, Baleares, Zaragoza, Madrid e Barcelona, aínda que noutras comunidades as actividades se prolongarán ata abril, contando coa participación de máis de vinte localidades.

As carreiras da auga pretenden sensibilizar respecto ao dereito á saúde da infancia, recollido na Convención sobre os Dereitos do Neno. Ademais, están orientadas á mobilización escolar, proporcionando ferramentas que permiten aos estudantes colaborar, poñendo as súas gotas, no desenvolvemento de proxectos de supervivencia infantil de UNICEF en Níxer. As gotas conseguidas en cada carreira ou evento deportivo a favor da campaña Gotas para Níxer son destinadas ao financiamento de programas deUNICEF en Níxer. A campaña mobilizou xa máis de 40.000 corredores, logrando encher 20 garrafas de gotas. Ao longo dos tres anos de vixencia desta campaña conseguíronse máis de 300.000 euros para contribuír ao benestar e o desenvolvemento da infancia en Níxer.

Acceda ao noso FTP para descargarse material audiovisual:

htts://unicefweb.unicef.es/com/agua
Usuario: Refcom
Contrasinal: uce442087

Acerca de UNICEF

UNICEF traballa no terreo en máis de 150 países e territorios para tratar de garantir aos nenos e as nenas o dereito a sobrevivir e a desenvolverse dende a primeira infancia ata a adolescencia. UNICEF, que é o maior provedor de vacinas para os países en desenvolvemento, traballa para mellorar a saúde e a nutrición da infancia; o abastecemento de auga e saneamento de calidade; a educación básica de calidade para todos os nenos e nenas e a protección dos nenos e as nenas contra a violencia, a explotación e o VIH/SIDA.UNICEF está financiado na súa totalidade polas contribucións voluntarias de individuos, empresas, fundacións e gobernos.

Más información:

Para máis información:

Dailo Alli
Xefe de Prensa de UNICEF España, Tlf: 609 160 051
[email protected]

www.unicef.es
www.facebook.com/unicef.es
twitter.com/unicef_es