Xornadas ‘Malnutrición, obesidade infantil e Dereitos de infancia’ en Santiago de Compostela

 A obesidade e o sobrepeso infantil son un problema de saúde con alto impacto no benestar e os dereitos dos nenos en Galicia, en España e no mundo.

Jornadas obesidad y sobrepeso en Galicia

25/10/2019

O próximo xoves 31 de outubro celébranse, en Santiago de Compostela, as Xornadas Malnutrición, obesidad infantil y Derechos de infancia organizadas por UNICEF Comité Galicia. Os relatorios terán lugar na Sala de Xuntas da Facultade de Educación, Campus Vida, da USC de 9:30 a 11:30h.

España é un dos  países da OCDE con maiores taxas  de sobrepeso e obesidade, situándose no posto 10 de 41. As alarmantes proporcións que está a alcanzar obesidade infantil supón un problema grave de saúde que se debe abordar con urxencia.

Estas xornadas organízanse no  marco do informe Malnutrición, obesidade infantil e dereitos da infancia en España que UNICEF España elaborou en colaboración coa Gasol Foundation.

A presentación do informe estará a cargo da presidenta de UNICEF Comité Galicia, Myriam Garabito. Co obxectivo de poder analizar en profundidade as causas e consecuencias da actual situación de obesidade e sobrepeso na infancia en Galicia contaremos coa seguinte relación de expertos na materia:

A profesora titular de Pediatría na USC e coordinadora da Unidade de Nutrición Pediátrica no CHUS, Rosaura Leis, tratará a situación de obesidade na comunidade e os estilos de vida en nenos, nenas e adolescentes.

A xefa de Servizo de Estilos de Vida Saudables e Educación para a Saúde da Xunta de Galicia, Araceli Barrán, expoñerá a malnutrición, o sobrepeso e a obesidade da infancia en Galicia desde a perspectiva da saúde pública.

Seguimento da malnutrición na infancia: dun centro de saúde en Galicia a unha caravana nun campo de refuxiados. Así titula a súa  intervención Héctor Castiñeira, enfermeiro do Hospital 12 de Octubre de Madrid, escritor e divulgador sanitario en medios de comunicación

Un representante do Consello de Participación Infantil e Adolescente do municipio de Cabanas trasladará as recomendacións para unha alimentación saudable.

Para terminar, a coordinadora de UNICEF Comité Galicia, Irene Marín, presentará as propostas e recomendacións para reverter a actual situación de obesidade e sobrepeso na comunidade.

Información e Inscricións: [email protected] / 91 378 86 04