A Xornada Solidaria de Liga Endesa consegue 36.500 SMS para combater a desnutrición infantil

Os afeccionados ao baloncesto envorcáronse na Xornada Solidaria organizada por Endesa, ACB e UNICEF España, enviando 36.500 SMS para combater a desnutrición infantil. Con esta achega, máis de 1.000 nenos poden recibir un tratamento completo e saír da desnutrición aguda.

Nos dous días que ten durado a Xornada Solidaria a favor da CampañaCumpledías de UNICEF España, enviáronse máis de 36.500SMS, co obxectivo de metelo un triplo á desnutrición infantil, un drama humanitario que provoca cada día miles de mortes evitables en todo o mundo.Cada SMS enviado equivale a un día de tratamento para un neno que sofre desnutrición. En total conseguíronse 43.800 € que equivale ao tratamento completo de máis de 1.000 nenos con desnutrición aguda. A desnutrición aguda se non se trata a tempo pode producir a morte dun neno. Globalmente, a desnutrición é responsable dun terzo das mortes que se producen no mundo en menores de cinco anos. O tratamento completo da desnutrición, a base de leite ou alimento terapéutico, ten un custo de 42 euros, e dura entre 4 e 6 semanas.

 Implicación de equipos e xogadores

A Xornada Solidariaviviuse en todas as canchas da Liga Endesa, coa imaxe e o número ao que enviar o SMS de colaboración no parqué, pero ademais os xogadores fixeron un chamamento á colaboración con pancartas e camisetas. Sen ir máis lonxe, o clásico entre FC BarcelonaRegal e Real Madrid comezou cunha imaxe solidaria, uníndose todos os protagonistas cunha pancarta co lema de tele un triplo á Desnutrición Infantil.

Agradecemento aos afeccionados

Consuelo Crespo, Presidenta de UNICEF España, eAlbert Agustí, Director Xeral Executivo da ACB, estiveron presentes no FC Barcelona Regal - Real Madrid e explicaron a importancia desta acción solidaria.

Unha vez coñecidos os resultados, os dous dirixentes quixeron agradecer a achega dos afeccionados. "Moitas grazas aos seguidores deste precioso deporte e á ACB, Endesa e todos os que conseguiron que esteamos xuntos nesta Xornada Solidaria", explicaba Crespo. Pola súa banda, Agustí incidiu en que"nin o deporte nin o basketpodiamos dar as costas a este problema", agradeceu "aEndesa o liderado nesta iniciativa" e mostrouse moi agradecido "pola achega dos afeccionados, que demostraron que o baloncesto é un deporte solidario; sempre o foi".