Valencia: exposición 'Historias a través da auga'

A mostra fotográficaHistorias a través da auga busca sensibilizar acerca da importancia da auga e o saneamento para o cumprimento completo dos dereitos da infancia, incluída o acceso á educación. A exposición consta de 18 paneis fotográficos que nos aproximan á vida de nenos e nenas concretos, e á súa vivencia particular do acceso á auga. Ademais, os paneis reflexionan sobre as causas de cada situación e reflicten o traballo que realizaUNICEF para mellorar os dereitos dos nenos. Tras o seu paso pola Universidade de Valencia, a mostra trasladouse á sede de Caixa Rural Torrent -CRM, no municipio de Torrent, de máis de 80.000 habitantes, na área metropolitana de Valencia. Foi inaugurada o 21 de maio pola alcaldesa Amparo Folgado e a presidenta de UNICEF Comité Local deTorrent, Consuelo Miquel. Recibiu as visitas de varias asociacións do ámbito social que traballan coa infancia. Para finalizar, a exposición trasladouse ao municipio alicantino deJávea, onde permanecerá aberta ao público ata o 15 de xuño. Foi inaugurada polo alcalde José Chulvi e o presidente de UNICEF Comité Local de Jávea, Guillermo Bolufer. A exposición conta co especial apoio da Concellaría de Participación Cidadá, quen organizou visitas por parte dos centros educativos da localidade.