UNICEF responde á escaseza de auga en Trípoli

Debido á grave escaseza de auga en Trípoli, UNICEF distribuíu 500.000 litros de auga embotellada para satisfacer as necesidades de 24.000 persoas das comunidades vulnerables da capital de Libia.

O envío distribuíuse a través das mesquitas e as organizacións locais. Durante o pasado fin de semana chegaron outros3 millóns de litros de auga para satisfacer as necesidades urxentes de 85.000 persoas durante polo menos unha semana. Na actualidade, UNICEF adquiriu un total de 11 millóns de litros de auga de países veciños para abordar as necesidades de aproximadamentemedio millón de persoas nas próximas dúas semanas. "UNICEF aumentou adistribución de auga en Trípoli", di Pierre Fourcassie, Coordinador de auga para situacións de emerxencia de UNICEF. "A actual resposta é fundamental para salvar vidas mentres traballamos coas autoridades co fin de mellorar os sistemas de abastecemento de auga en Libia". Un equipo técnico de UNICEF está a traballar con expertos hidráulicos de Libia para abordar os problemas nun campo de pozos ao sueste de Libia, co fin de restablecer o antes posible o abastecemento de auga en Trípoli e noutras cidades da costa.