UNICEF proporciona axuda de emerxencia ás persoas desprazadas en Níxer

Mentres miles de persoas foxen a Níxer para escapar do conflito no Norte de Malí, UNICEF xunto co goberno de Níxer, organizacións no e outras axencias non gobernamentais de Nacións Unidas, está a intensificar os esforzos para responder ás necesidades inmediatas das familias desprazadas.  

"É un alivio recibir algunhas mantas e beber auga hoxe, así os meus fillos poderán estar máis cómodos e non terán que durmir máis sobre o po", afirmaFatuma Mathala.
Mathala, embarazada de seis meses, e os seus catro fillos, de 2, 3, 4 e 6 anos, viaxaron durante días para chegar a un refuxio temporal en Mangaizé, unha aldea na rexión deOuallam, aproximadamente a 100 quilómetros da fronteira entre Níxer e Malí. "Deixamos todo o que tiñamos. Non nos queda nada. A situación aquí é terrible. Estamos a durmir ao aire libre con pouca comida e auga", explica. Ata a data,máis de 12.000 persoas- dos cales algúns son nenos e mulleres- chegaron a Níxer fuxindo dos enfrontamentos entre os Tuareg e as forzas gobernamentais que comezaron o pasado mes na rexiónAzawad, ao norte de Malí.

a axuda comeza a chegar

O asentamento deMangaizé, que se estende sobre unha paisaxe árida baleira, agora alberga 1.900 persoas en centos de refuxios feitos con paus, mantas de  cores, teas e alfombras .

A afluencia de refuxiados prodúcese no medio da grave crise nutricional que afecta a Níxer e outros países en toda a rexión do Sahel. A maioría dos que foxen da violencia en Malí encóntranse en asentamentos situados nas áreas peor afectadas pola seca e as malas colleitas, agravando aínda máis a escaseza de auga e alimentos. Na rexión Ouallam, o40% da poboación está xa sufrindo inseguridade alimentaria ou en risco de sufrila. En Sinegodar e Mangaizé, áreas desérticas inhóspitas onde hai escaseza de auga, UNICEF está a proporcionar auga potable a través de tanques de auga.  

"A nosa prioridade é continuar proporcionando os recursos básicos e que salvan vidas, como auga e outras subministracións, para satisfacer as necesidades inmediatas das persoas en risco, en estreita colaboración co Goberno e os nosos aliados," afirma Guido Cornale, Representante de UNICEF en Níxer.

os nenos necesitan un apoio especial

Moitos nenos están a sufrir o trauma do conflito e a perda de familiares. "Vin homes enmascarados forzando a nosa porta", conta Abdoulaye Abdourahmane, de 11 anos, recordando os horrores que experimentou antes de fuxir de Malí. "Mataron o meu pai, a miña nai e as miñas irmás". A protección da infancia é unha prioridade paraUNICEF, que apoiará os servizos psicosociais e os Espazos Amigos da Infancia, que permitirán aos nenos sentirse seguros para xogar e recuperar certo sentido da normalidade.  

UNICEF segue mobilizando apoio

UNICEF continuará distribuíndosubministracións para salvar vidas e kits deEscolas nunha Maleta nas áreas afectadas. Un grupo de especialistas está a traballar coas autoridades locais e os centros de saúde para aumentar a súa capacidade de tratamento.UNICEF e os seus aliados fan un chamamento á comunidade internacional para aumentar o fluxo de subministracións de emerxencia e servizos para todos aqueles afectados polo conflito e a crise alimentaria emerxente.