UNICEF insta a Sirya a respectar os dereitos dos nenos

UNICEF insta a Sirya a respectar os dereitos dos nenos

Declaración do Director Executivo de UNICEF, Anthony Lake

"UNICEF quere mostrar a súa gran preocupación pola confirmación de que se produciron ataques violentos contra nenos en Sirya".

Compartimos aprofunda preocupación mostrada no informepresentado pola Comisión Internacional Independente de Investigación, e celebramos a realización dunha Sesión Especial do Consello de Dereitos Humanos que abordou, entre outros asuntos, estas graves violacións dos dereitos dos nenos. A resolución do Consello de Dereitos Humanos reflicte aindignación mundial existente pola morte de máis de 300 nenos que foron asasinados polas forzas estatais de Sirya dende marzo de 2011 e confirma as informacións que sinalan que se produciron abusos aberrantes, incluíndo agresións sexuais a nenos producidas nos centros de detención. Esa indiferenza mostrada pola vida dos nenos non debe ser ignorada.UNICEF insta ao Goberno de Sirya a cumprir o seu compromiso de respectar os dereitos dos nenos, e en particular protexelos contra os arrestos arbitrarios, as detencións, as torturas ou as agresións sexuais. "