UNICEF España únese á campaña SOMOS 2014

Un ano máis UNICEF uniuse á campaña SOMOS, que cumpre a súa terceira edición.

 

Na iniciativa participan 33 ONG co obxectivo de animar oscidadáns a colaborar coasorganizacións sociais de forma sostida. A campaña está protagonizada por persoas anónimas que colaboran con ONG. Ademais colaboran de xeito desinteresado seis personaxes públicos: a actriz e Embaixadora de UNICEFComité Español Ana Duato, as xornalistas Ana Pastor, Ángels Barceló e Francine Gálvez, o presentadorCarlos Sobera e o aventureiro Jesús Calleja.Todos eles unen os seus esforzos para buscar a colaboración cidadá coas ONG, cuxas actividades se centran en seiscausas principais: fame e pobreza; infancia; educación; emerxencias, saúde e investigación; minusvalidez; e exclusión social.

os españois confían nas ONG

Un 80% da poboación española confía no traballo das ONG e considérao importante, pero só 1 de cada 10 colabora con algunha delas de xeito sostido. Os españois envórcanse especialmente en situacións de emerxencia como o terremoto de Haití, o tsunami de Xapón ou o tifón de Filipinas (España foi o terceiro país máis xeneroso do mundo en achegas para dar resposta aos afectados). Non obstante España segue sendo un dos países conmenos doadores de Europa. Por iso a campaña pregunta se " SOMOS OU NON SOMOS? "solidarios.Segundo un estudo elaborado por Bain&Company para a campaña SOMOS 2013, por cada euro que se inviste en solidariedade este pode xerar un impacto real na sociedade de nove veces o seu valor. Por iso o obxectivo desta edición da campaña é lanzar unreto á sociedade española para que se comprometa cunha causa a longo prazo.

Día SOMOS

Como peche da campaña, o próximo 6 de xuño terá lugar o Día SOMOS. Nesa data visibilizará se oorgullo de ser socio dunha ONG e o traballo a favor dos máis vulnerables, a través da arte. Para iso o centro de Madrid acollerá unha acción na que seis artistas urbanos debuxarán unhaobra colectiva acompañados por socios, voluntarios e a cidadanía en xeral.